Domingo 23 de Setembro de 2018

En Marea denuncia o incumprimento por parte de REE da retirada da liña de alta tensión que atravesa o Concello de Manzaneda


En Marea volverá a reclamar no Parlamento o cumprimento do convenio para a súa retirada e o Concello de Manzaneda denunciará á empresa

En Marea volverá levar ao Parlamento de Galicia e ao Congreso o incumprimento por parte de Red Electríca Española do convenio firmado entre esta empresa e o Concello de Manzaneda no que estaba prevista a retirada dunha liña de de alta tensión de máis de 9 quilómetros de longo. Segundo este convenio, esta liña sería desmontada unha vez que entrase en funcionamento unha liña nova Trives-Aparecida. A liña nova entrou en funcionamento, pero a vella liña segue sen estar desmontada pese ao compromiso firmado por parte de REE.

No Parlamento de Galicia, En Marea presentou neste último anos varias iniciativas para a retirada desta liña. Iniciativas presentadas polos deputados Davide Rodríguez e Pancho Casal. Unha destas iniciativas para a retirada, o Parlmento de Galicia, acordou reclamar a REE a retirada definitiva desta liña. No mesmo sentido, na interpelación realizada por En Marea ao director xeral de Enerxía da Xunta, Ángel Tahoces, este admitiu que o concello tiña razón nas súas demandas e na esixencia do cumprimento do convenio.

En Marea ten previsto volver a presentar iniciativas para reclamar o cumprimento deste convenio que a empresa se nega a cumprir deste hai catro anos. Davide Rodríguez, deputado de En Marea, rexistrará as iniciativas no Parlamento de Galicia, e Alexandra Fernández fará outro tanto con Congreso dos deputados.

Denuncia do Concello de Manzaneda.

Pola súa parte, o Concello de Manzaneda anunciou que interporá unha denuncia contra Red Eléctrica Española polo incumprimento do convenio subscrito o 28 de setembro de 2009 co concello e segundo o cal, unha vez posta en funcionamento a nova liña Trives – Aparecida a 440 KV, sería desmantelada a liña vella co Trives – Aparecida que funcionaba a 220 KV. O incumprimento reiterado do convenio durante 4 anos e a falta de resposta da empresa ás reclamacións de retirada da liña aprobadas tamén polo Parlamento de Galicia, obrigan ao Concello de Manzaneda a reclamar nos tribunais o cumprimento do mencionado convenio.

Deja un comentario