Venres 07 de Agosto de 2020

Comezan as Xornadas Gastronómicas “Sabor de Maio”, organizadas polo Concello de Ourense e a Unión de Hosteleiros


A iniciativa, aberta á participación do conxunto da hostelería ourensá, busca por en valor a gastronomía como un dos piares da oferta turística de Ourense

 

O Centro Comercial Ponte Vella acolleu esta mañá a presentación das Xornadas Gastronómicas “Sabor de Maio”, organizadas polo Concello de Ourense e a Unión de Hosteleiros de Ourense. Na presentación participaron o concelleiro de Turismo, Jorge Pumar, e o presidente da UHO, Javier Outumuro, e o director xerente do CC Pontevella, Marcos Vila.

O concelleiro de Turismo e Termalismo quixo salientar a colaboración entre o Concello “cos axentes privados, empresas e autónomos, que compoñen o sector da hostelería na cidade entendendo que “a gastronomía, xunto coas nosas augas termais, son os elementos que mellor nos singularizan e posicionan como destino”. A iniciativa pretende promover e por en valor a gastronomía ourensá no arranque da temporada de maior afluencia turística da cidade.

Estas xornadas desenvolveranse desde hoxe participando diversos locais de hostalería con pinchos e menús específicos “Sabor de Maio”. A día de hoxe unha ducia de establecementos sumouse a iniciativa con propostas orixinais aínda que tal e como se lembraba esta mañá “a participación está aberta e agardamos que a oferta se prolongue ao longo de todo o mes de maio”.

Os locais participantes con pinchos serán Fuentefría, A Saia da Carolina, Portovello, Cervecería Moucho, Café Gijón Barbaña, Las Monchas, O Pote e Casa de María Andrea. Os restaurantes que ofrecerán menús específicos serán a Adega do Tito, Baysha, A Taberna e Duque

En canto as actividades paralelas estas desenvolveránse no Centro Comercial Ponte Vella os días 9 e 10 de maio en horario de 18.30 a 20.30 sendo a asistencia de balde.

O día 9 está prevista unha cata de viños do grupo GRM (Ribeiro) e Adega Melillas e Santa Marta (Valdeorras), cunha desgustación de Queserías Lomba.

O día 10 haberá un showcooking a 6 mans coa participación dos chefs Diego López, do Restaurante La Molinera (Lalín), Marco Varela, do restaurante Casal de Armán e o cocteleiro Guillermo González.

Deja una respuesta