Domingo 16 de Xuño de 2019

Un concurso escolar de Artes Plásticas promovido polo Concello de Ourense achegará a visión que teñen os nenos e nenas da cidade sobre a Ponte Nova, con motivo do seu Centenario


Poderán participar alumnos de 6º curso de Educación Infantil, así como de 6º de Educación de Primaria e 1ª da ESO, segundo as bases aprobadas hoxe en Xunta de Goberno Local. O prazo de inscripción está aberto ata o día 23 de maio

 

Na Xunta de Goberno desta mañá aprobáronse un total 29 asuntos achegados polas diferentes concellerías e servizos municipais.

Esta semana a Avogacía Consistorial trouxo dous asuntos: unha sentenza e un personamento.

A sentenza, que foi ditada polo Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense, estima parcialmente unha demanda interposta por Gas Natural contra a resolución do Tribunal Económico Administrativo do Concello que lle impoñía unha sanción de 600.000 euros.

Esta multa lle fora imposta por incomparecer e non aportar a documentación necesaria e que lle foi requerida ate en tres ocasións para liquidar unha taxa de aproveitamento público local. O xuiz estima que se lle reduza a sanción a 20.000 euros en función ao principio de proporcionalidade, xa que a empresa ten que facer fronte a seis sentenzas neste mesmo sentido. Segundo as recomendacións da Avogacía Consistorial, a sentenza será recurrida.

Por outra banda o Concello foi emprazado a persnoarse en calidade de demandado ante o Xulgado do Social número 2 de Ourense nun procedemento relativo a Persoal.

Pasando xa aos asuntos referidos ao Servizo de Licenzas, foron en total nove: unha licenza de nova construción; dúas para ascensores; tres para obras de reformas e outras tres para a colocación de portas.

Pasando ao servizo de Aperturas aprobouse a concesión dunha licenza de obrapara adaptar un local para oficinas, na rúa Salvador de Madariaga.

Polo que respecta ao apartado de Patrimonio aprobáronse un total de 10 asuntos.

Sete requerimentos a particulares:

-303,18 euros por danos nun sinal vertical e nunha árbore na avenida da Habana;

– 87,05 euros polos danos causados nun sinal vertical situado no cruce das rúas Rosalía de Castro e Ribeira de Canedo;

– 158,43 euros polos danos causados en dous sinais verticais en Ponte Codesal;

– 408,16 euros polos danos causados en varias árbores da rúa Eulogio Gómez Franqueira;

– 384,63 euros polos danos causados nun banco na rúa Río Mao;

– 87,05 euros polos danos nun sinal vertical en Eulogio Gómez Franqueira e

– 93,89 euros por danos nun fito entre Faustino Míguez e a rúa Dalí.

Así mesmo considerouse desistida a solicitude dunha aseguradora que reclamaba responsabilidades patrimoniais por filtracións de auga nun inmoble da rúa Díaz de la Banda, por non reunir os requisitos legalmente esixibles.

Tamén se arquivou un expediente por danos ocasionados pola caída dunha arbore sobre o enreixado de varios edificios na rúa Fernández Fulgosio por considerar que a demandante non cumple cos requisitos legalmente esixibles.

Por último aprobouse o cumprimento dunha sentenza que obriga ao Concello a indemnizar con 1.919,71 euros a un particular por unha caída de moto na rúa Parada Justel.

No referido ao Servizo de Contratación aprobouse o expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da subministración do carburante para os vehículos do parque móbil do Concello e o requerimento de que no prazo de dez días hábiles a empresa presentada entregue a documentación necesaria.

No apartado de Servizos Xerais desestimouse un recurso de reposición presentado por Onet Seralia, concesionaria do Servizo de Limpeza das instalacións municipais. A empresa solicitara a nulidade do acordo tomado o 8 de marzo pola Xunta de Goberno local contra o pago dunha factura rectificativa (correspondente a outubro de 2017) pola existencia de discrepancias respecto ás horas de servizo.

Contra este acordo, que é firme en vía administrativa, só se poderá interpoñer recurso contencioso administrativo diante do Xulgado do Contencioso Administrativo no prazo de dous meses a contar a partir do día seguinte á recepción da notificación.

Na área de Emprego aprobouse a concesión de prórroga excepcional dun niño no Viveiro de Empresas do Centro de Iniciativas Empresariais.

Pasando a Educación a Xunta de Goberno aprobou o Plan Estratéxico de Subvencións da Concellería de Educación para o trienio 2018-20, que contará cunha dotación económica de 341.100 para os tres anos (113.700 euros por cada un dos tres anos) e cubrirá dúas liñas de actuación: as actuacións das Asociacións de Pais (APAS) e da Federación de Asociacións de País (FAPAS).

A partida se dividirá en 17.700 euros por curso escolar para que as Asociacións de Pais poidan realizar actividades de dinamización educativa e proxectos pedagóxicos. A axuda non poderá cubrir máis do 75% do custo do proxecto.

Por outra banda o Plan Estratéxico tamén contempla unha partida anual de 96.000 euros para colaborar coa Federación de Asociacións de Pais de Alumnos de Ourense á hora de manter nos centros de ensino público programas, actividades e servizos extraescolares como o programa “acollida temperá”, comedores escolares ou actividades para a adquisición de hábitos socio-saudables que melloren as condicións de vida e de forma dos alumnos e alumnas de ensino público de Infantil e Primaria do Concello de Ourense.

Tamén se aprobaron as bases do Certame de Artes Plásticas “Cen anos da Ponte Nova”

O Concello de Ourense quere implicar a nenos e nenas da cidade a celebración desta histórica efeméride, os 100 anos da Ponte Nova, que se cumplirán no vindeiro mes de xuño.

Con esa finalidade, a Concellería de Educación convoca un concurso escolar, no que se premiará o mellor traballo de debuxo, maqueta, mosaico e outras formas de creatividade plástica, alusivos aos cen anos da Ponte Nova.

Poderán participar nenos e nenas que estudien 6º de Educación Infantil, 6º de Primaria ou 1º da ESO, coa posibilidade de presentar traballos individuais ou en equipo. O prazo de inscrición está aberto ata o día 23 de maio.

Para estimular a participación, dótanse tres premios:

Para 6º de Infantil consistirá en xogos didácticos e lotes de libros para a aula do autor ou autora do traballo gañador

Para 6º de Primaria, o premio será unha viaxe durante 2 días pola ría de Muros e Noia, participando en actividades guiadas, para a totalidade de escolares da aula do autor ou autora do traballo gañador.

E Para 1º da ESO será unha viaxe durante dous días pola Costa da Morte, tamén para a totalidade de alumnos e alumnas da clase da que proveña o traballo gañador

Aprobouse tamén unha corrección de erros nas bases do VI Concurso de Deseño de Carteis Moteces 18.

Por último no referente ao Servizo de Limpeza aprobouse requerir á empresa concesionaria do servizo de limpeza para que ingrese nas arcas municipais a cantidade de 4.658,50 euros para pagar os custes da realización da modificación do Plan Anual de Limpeza para o ano 2017.

O Concello de Ourense contratou á consultora Serviguide Consultoría a elaboración, como auditora externa, do Plan de Limpeza 2017. Este gasto aparece recollido no propio contrato de xestión do servizo de limpeza, e por ese motivo, por acordo da Xunta de Goberno Local de 15 de decembro de 2016 requiriuse a Ecourense para que ingresara o custe dos traballos, 11.858 euros.

Deja un comentario