Xoves 22 de Agosto de 2019

A ourensá Mayka Gómez ilustra a festa dos Maios, declarada de interese turístico, co cartel ‘Maia bona dea’


O premio do concurso do cartel, organizado pola Concellería de Cultura, é de 800 euros. Presentáronse un total de 20 traballos.

 

A deseñadora ourensá Mayka Gómez Ruiz gañou, con Maia bona dea -na mitoloxía romana, a deusa da fertilidade-, o concurso de carteis para ilustrar a festa dos Maios, dotado con 800€ de premio en metálico. O xurado, composto por cinco integrantes (dous deseñadores gráficos, dous técnicos da área de Cultura e un da de Comunicación) elixiu por unanimidade a proposta gañadora de entre os 20 traballos presentados a concurso.

Salientou o xurado o soporte elixido para a presentación, un debuxo a man sen emprego de medios dixitais, pero tamén a reivindicación da coroa como elemento artístico e representativo dos Maios en Ourense, a figura feminina e que rompese coa liña dos traballos presentados nos últimos anos.

Porén, o xurado quere facer unha mención especial ao traballo artístico e á execución plástica de moitos dos traballos presentados para esta convocatoria, pois presentáronse propostas de moita calidade artística.

Deja un comentario