Xoves 30 de Xuño de 2022

«Seguimos dando pasos para o avance de Ourense, hoxe cunha peza fundamental da futura Estación Intermodal e dando cumprimento a unha demanda histórica do barrio de A Ponte como é un novo aparcadoiro», sinala o alcalde, Jesús Vázquez Abad


O rexedor ourensán valora o anuncio desta mañá de que a Xunta vén de remitirlle ao Ministerio de Fomento o proxecto do aparcadoiro da Estacións Intermodal de Ourense, que terá 302 prazas e suporá un investimento de 7 millóns de euros

 

A Xunta de Galicia vén de remitirlle ao Ministerio de Fomento, en concreto a Adif, o proxecto de aparcadoiro subterráneo da estación intermodal de Ourense, que disporá de 302 prazas de aparcadoiro. Este equipamento, cuxo deseño técnico asumiu a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, suporá un investimento de case 7 millóns de euros, financiando maioritariamente polo Goberno galego, e cofinanciado por Adif, que se encargará ademais da súa contratación e execución.

«Seguimos dando pasos para o avance de Ourense, hoxe cunha peza fundamental da futura Estación Intermodal e dando cumprimento a unha demanda histórica do barrio de A Ponte como é un novo aparcadoiro», sinala o alcalde, Jesús Vázquez Abad, quen valora de xeito moi positivo o anuncio coñecido esta mesma mañá.

O aparcadoiro subterráneo forma parte da primeira fase do gran proxecto da estación intermodal de Ourense, xunto coa nova terminal de autobuses intermodal, cuxas obras foron licitadas o pasado 26 de febreiro pola Xunta de Galicia.

Este aparcadoiro subterráneo ten por obxectivo dar servizo tanto á terminal ferroviaria como á de autobuses e ao barrio da Ponte, ademais de permitir a reordeación da actual praza da estación.

Situado baixo a área de aparcadoiro da actual praza da estación, terá unha surficie total de 8.645 metros cadrados distribuídos en dous andares nos que se repartirán as 302 prazas, incluíndo 10 estacionamentos adaptados para persoas con mobilidade reducida.

Deja una respuesta