Domingo 16 de Xuño de 2019

A Obra Social laCaixa presenta, en colaboración co Concello de Ourense, o espectáculo ‘Clarinetarium’ dirixido a escolares de Educación Primaria


Máis de 1.500 escolares asistirán ao ciclo, que ofrece catro representacións en dous días -ás 10 e ás 12 horas no Auditorio-. O obxectivo é introducir o público infantil e xuvenil no mundo da arte

 

Os concertos escolares organizados pola Obra Social «la Caixa» teñen por obxectivo achegarlle as artes á poboación infantil e xuvenil, mediante unhas producións especialmente deseñadas para o público escolar. Un ámbito de actuación que desde hai anos impulsa a Obra Social «la Caixa» a través das diversas iniciativas pedagóxicas que organiza por toda a xeografía española.

Nesta ocasión, e en colaboración co Concello de Ourense, a Obra Social «la Caixa» presenta no Auditorio Municipal o espectáculo Clarinetarium, creado e interpretado polo grupo ‘Ensemble Una Cosa Rara’. Unha ducia de clarinetes diferentes, unhas cantas anécdotas e unha viaxe para percorrer os máis de 400 anos de historia do instrumento. Tubos de plástico, tesoiras e trade, canas e todo tipo de utensilios para descubrimos como é e como funciona un clarinete.

Clarinetarium propón un percorrido pola historia da música para descubrirmos como a evolución do instrumento vai ligada á evolución da música. Ademais, para entendermos o funcionamento do clarinete e as súas características principais, realizaranse algúns experimentos que axudarán a facerse unha idea axeitada. Clarinetarium é, polo tanto, un espectáculo-concerto dinámico que combina música, pequenos experimentos e historia, que nos fará pasar un bo momento mentres descubrimos o pasado e o presente do clarinete.

Clarinetarium. No Auditorio Municipal de Ourense.

Xoves 12 de abril, funcións ás 10:00 e 12:00 horas.

Venres 13 de abril, funcións ás 10:00 e 12:00 horas.

Deja un comentario