Domingo 22 de Setembro de 2019

Ourense en Común leva ao pleno a inseguridade viaria na Avda. de Portugal


O tramo entre as rúas Carriarico e Irmáns Xesta acusa especialmente excesos de velocidade, mala visibilidade nos pasos de peóns e unha deficiente iluminación

Logo de visitar o pasado 10 de marzo o barrio do Couto coa iniciativa “A voz do barrio” coa que Ourense en Común está percorrendo a cidade, o grupo defenderá no pleno de abril unha moción na que trasladan as inquedanzas da veciñanza desta área da cidade, referidas á inseguridade viaria na Avenida de Portugal.
Na moción, abórdanse as deficiencias na avenida, que especialmente no treito entre as rúas Carriarico e Irmáns Xesta acusa serias carencias de iluminación e visibilidade, que engadidas á falta de reguladores de velocidade, xeneran un “flagrante risco para os peóns”.
A crecente preocupación entre as veciñas polo tráfico no Concello de Ourense, e a desidia do concelleiro delegado na materia, Carlos Campos, que recentemente declaraba sentirse “sen ganas” para afrontar as súas responsabilidades, retratan unha realidade que o goberno “non ten ganas de afrontar”, “perpetuando e agravando” o serio problema estructural na mobilidade que OUeC vén denunciando desde que chegou ao consistorio.

Deja un comentario