Venres 19 de Xullo de 2019

A Deputación de Ourense apoia as actividades que conmemoran o centenario de Vilavidal


O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial a directivos da asociación veciñal “Cien años de Vilavidal”, acompañados polo alcalde de Ramirás, Juan Carlos Rodríguez, aos que transmitiu o apoio da institución provincial ás actividades conmemorativas do centenario desta localidade, que se cumpre este ano 2018. O presidente do goberno provincial destacou a importancia “de manter vivas as tradicións e a historia da nosa provincia con iniciativas como esta, que une á veciñanza ao redor dun proxecto colectivo que ten como obxectivo homenaxear a Vilavidal e preservar a memoria da súa historia”.

Na reunión participaron xunto a Manuel Baltar e ao alcalde de Ramirás o presidente e a vicepresidenta da asociación veciñal, Juan Rodríguez e Norys Domínguez, e os membros da directiva Toño Pereira, Adolfo Álvarez e María González. Para conmemorar esta efeméride a asociación ten previsto desenvolver actividades culturais e de ocio, así como traballos de recuperación de documentación histórica e fotográfica sobre Vilavidal, co obxectivo de reunilos nunha exposición e editar unha publicación sobre os aspectos históricos e etnográficos desta contorna de Ramirás.

Deja un comentario