Xoves 21 de Marzo de 2019

O Concello de Ourense anima a rapaces e rapazas de Primaria a aprender técnicas de dobraxe


Esta actividade, que impartirán os dobradores Suso Pando e Manuel Pombal, forma parte do programa de Animación á Lectura posto en marcha pola Concellería de Educación

 

O Concello de Ourense pon en marcha a actividade “Dobraxe na Escola”, co fin de animar a rapaces e rapazas de 6ª de Educación Primaria a aprender técnicas de dobraxe profesional.

Esta actividade, que impartirán os dobradores Suso Pando e Manuel Pombal, forma parte do programa de Animación á Lectura posto en marcha pola Concellería de Educación. Participarán 317 nenos e nenas de 6º de Primaria, de 7 centros educativos da cidade. Dará comezo mañá no CEIP Amadeo Rodríguez Barroso (horarios e centros ao final desta nota de prensa).

A técnica da dobraxe en xeral, e concretamente nas películas de animación, é unha ferramenta sorprendente e novidosa, que ademáis de ser capaz de captar a atención dos nosos nenos e nenas, sobre aspectos básicos na comunicación oral (como cadencia, ritmo, intención…).

Na metodoloxía da actividade trabállanse aspectos tan importantes como a concentración, a empatía e o traballo en equipo; ao tempo que motiva aos rapaces e raparigas para se divirtan na nosa lingua.

Consta das seguintes fases:

Os monitores fan un xogo dramático no que contan todos os pasos da creación dunha película, desde a elaboración do guión ata a dobraxe da mesma.

Acto seguido, ensaian entre todos un fragmento da película, aprendendo a encaixarnos as propias voces nas bocas dos personaxes.Experimentámolo todos/as? Ben agora….: Quen quere sair?

Xa temos os “dobradores”. Lemos o guión, ensaiamos, axustamos e… Silencio! Imos gravar!

Gravamos e, moi sorprendidos, escoitamos o resultado.

Obxectivos:

Achegar ao alumnado o mundo da dobraxe.

Fomentar a comunicación oral na nosa lingua.

Fomentar a escrita no formato de guións.

Traballar a concentración, empatía e traballo en equipo.
CALENDARIO“DOBRAXE NA ESCOLA”

PROGRAMA ANIMACIÓN Á LECTURA
3/4/2018

No CEIP AMADEO RGUEZ BARROSO, 3 sesións:

9,30h,10,30h E 12h

E nese centro recibimos aos alumnos/as do CEIP MARIÑAMANSA, ás 12h. (2 con Barroso, 1 con Mariñamansa)
4/4/2018

No CPR Mª AUXILIADORA, 3 sesións:

10h,11h e12h

(3 con Mª Auxiliadora)
5/4/2018

No CPR SAN JOSÉ, 3 sesións:

9,30h,10,30h E 11,40h

E nese centro recibimos aos alumnos/as do CPR LA PURÍSIMA, ás11,40h.
6/4/2017

No CPR LUIS VIVES, 3 sesións:

9,30h,10,30h E 12h

E nese centro tamén recibimos aos alumnos/as do CPR PADRE FEIJÓO, ás12h.

Deja un comentario