Venres 07 de Agosto de 2020

O Concello de Ourense dá un paso definitivo para a construcción do Centro de Atención ás Persoas con Discapacidade maiores de 21 anos, aprobando o convenio coa Xunta e a cesión da titularidade da parcela onde se construirá, en Barrocás


O convenio aprobado hoxe, e que se asinará nos vindeiros días coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, regulará a transmisión da parcela, de 4.593 metros cadrados, situada en solo urbano consolidade de uso dotacional público. “Estamos ante unha gran noticia para Ourense, dando resposta a unha demanda social moi importante e necesaria para crear na nosa cidade un Centro de Atención ás Persoas con Discapacidade para maiores de 21 anos, o que suporá un investimento en material social fundamental para moitas familias”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez

 

O Concello de Ourense vén de dar un paso definitivo para a construcción do Centro de Atención ás Persoas con Discapacidade maiores de 21 anos, aprobando o convenio coa Xunta e a cesión da titularidade da parcela onde se construirá, en Barrocás.

O convenio aprobado hoxe, e que se asinará nos vindeiros días coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, regulará a transmisión da parcela, de 4.593 metros cadrados, situada en solo urbano consolidade de uso dotacional público. “Estamos ante unha gran noticia para Ourense, dando resposta a unha demanda social moi importante e necesaria para crear na nosa cidade un Centro de Atención ás Persoas con Discapacidade para maiores de 21 anos, o que suporá un investimento en material social fundamental para moitas familias”, sinala o alcalde, Jesús Vázquez.

Este foi un dos 17 asuntos aprobados hoxe en Xunta de Goberno Local, onde tamén se lle deu luz verde ao convenio de colaboración específico entre a Xunta (a través da Consellería de Infraestruturas e Vivenda) e o Concello de Ourense para a tramitación e formalización da obtención dos terreos necesarios para a execución do proxecto integrador da Estación Intermodal de Ourense. “Trátase dun paso previo fundamental para a licitación e inicio das obras desta importante infraestrutura que marcará un antes e un despois da historia da nosa cidade”, sinalou o alcalde, Jesús Vázquez.

O resto de asuntos aprobados en Xunta de Goberno foron os seguintes:

Servizo de Licenzas Urbanísticas (4): aprobáronse dúas licencias de obra (para reparación de cuberta nun edificio en Xulio Prieto Nespereira e para ampliación dunha vivenda na rúa Santa Eufemia) e dúas de apertura (para adaptación de local no CC Pontevella e para adaptación de oficina bancaria en Xoán XXIII)
Servizo de Planeamento, Xestión Urbanística e Patrimonio

Foi desestimada unha reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por unha particular polas lesións sufridas como consecuencia dunha caída na rúa Praza de Abastos, debido a que os informes técnicos sinalan que non concorren os requisitos legais que xustifican o dereito a unha indemnización
Tamén foi desestimada a reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por un particular polos danos causados polo guindastre municipal nun vehículo. Desestímase por non concorrer os requisitos legais que xustifican o dereito a unha indemnización.

Recoñéceselle a unha particular o dereito a percibir a cantidade de 1.696,62 euros en concepto de indemnización polos intereses de demora devengados entre o 15 de agosto do 2017 ao 14 de febreiro do 2018, derivados do atraso na entrega dun local na planta baixa da rúa Cervantes que fora obxecto de permuta.

Fóra da orde do día, desestimouse unha solicitude de suspensión sobre os procedementos de licitación e adxudicación de novos servizos relacionados coa edificación da fase I do CHOU.

Servizo de Rehabilitación, VPP e Peris

Aprobáronse as Bases e a convocatoria para a anualidade 2017 de subvencións do programa de Rexeneración e Renovación Urbanas para as Áreas de Rehabilitación Urbana da cidade, que son, como saben: Casco Histórico, Seixalbo, Polvorín, Camelias, Carballeira; San Mamede Cruceiro Quebrado e A Inmaculada.

Será a fase número 15 do Casco Vello, a 10ª de Seixalbo, a 4ª de Polvorín-Camelias-A Carballeira e a 2º da Área de Serra San Mamede – Cruceiro Quebrado e Inmaculada.
Aprobouse tamén, dentro deste mesmo apartado, un importe total de 1.324.285,69 euros, desglosados do seguinte xeito:

– 379.285,71 euros para a ARRU do Casco Historico
– 70.714,28 euros para o núcleo de Seixalbo
– 790.714,28 euros para a ARRU Polvorin,Camelias, Carballeira
– 83.571,42 € para S. Mamede, Cruceiro Quebrado e A Inmaculada

Poderán beneficiarse das axudas as persoas que asuman a responsabilidade da execución da actuación, xa sexan Administracións Públicas, persoas propietarias únicas de edificios de vivendas, as comunidades formalmente constituídas, as agrupacións de comunidades de persoas propietarias e os consorcios e entes asociativos de xestión.

As axudas poderán destinarse a actuacións de rehabilitación que estean incluídas nalgún dos seguintes tipos:

1. Rehabilitación de elementos comúns de edificios
2. Rehabilitación de edificios dunha soa vivenda.
3. Rehabilitación de elementos privativos das vivendas.

En canto ao tipo de intervencións, son subvencionables a execución de obras ou traballos de mantemento e intervención en edificios e vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns, co fin de adecualos á normativa vixente.
Con carácter xeral, serán subvencionables…
1. Obras de conservación e/ou adecuación estrutural e de seguridade dos edificios
2. Obras de mellora da calidade e sustentabilidade
3. Obras de adecuación das vivendas e dos seus accesos á normativa vixente de accesibilidade
4. Outras obras que supoñan adaptar os edificios, as vivendas e as súas instalacións aos novos estándares establecidos pola nova normativa de aplicación, aínda nos casos nos que a citada normativa non obrigue á súa execución

As subvencións estatais serán de ata o 35% do Orzamento Protexible cunha contía máxima de 11.000€ por vivenda. As subvencións autonómicas serán ata o 10% do Orzamento Protexible cunha contía máxima de 4.000 € por vivenda.
As bases publicitaranse no Boletín Oficial da Provincia, e se abrirá un prazo de 2 meses para a presentación de solicitudes das axudas.

Comercio

Foi acordado o desafiuzamento administrativo do establecemento La Central.

Resolta a concesión da explotación da terraza situada na parte sur do edificio Torre, mediante acordo da Xunta de Goberno Local, de 6 de xullo de 2017, requírese expresamente ás sociedades: Promociones de Alojamientos Orensanos SA (Administrador Concursal), Jardín Japonés SL, e Kissinger Baltic Corporation SL, para que no prazo de 10 días desaloxen e entreguen os bens que integraban a concesión referida (o edificio denominado “La Pajarera” e terraza anexa no Xardín Xaponés), por ser bens inmobles de dominio público nos que se resolveu o título que permitía a súa a terceiros.

Por outra banda, desestimouse o recurso de reposición interposto polo titular dun comercio na Avenida de Santiago contra o decreto que lle require a retirar toldos e corta-ventos colocados na terraza do seu local, por ocupar vía pública sen ter autorización.

Cultura

Aprobáronse as Bases e da Convocatoria do Concurso polo que se elixirá o Cartel da Festa dos Maios na súa edición correspondente ao ano 2018.
O gañador obterá un premio de 800 euros.

Igualdade

Foi aprobado o Plan Estratéxico de Subvencións da Concellería de Igualdade do Concello de Ourense para o período comprendido entre os anos 2018 e 2020, ambos inclusive, consonte ao establecido na Lei 38/2003 do 17 de novembro, Xeral de Subvencións, e o seu regulamento.

Persoal e Recursos Humanos

Desestimouse o recurso de reposición dun traballador contra o Decreto da Concellería de Recurso Humanos, polo que se desestimou a solicitude de recoñecemento de funcións de superior categoría como Técnico de Mantemento e Conservación, e se lle abonen diferencias salariais.
Xestión económica e orzamentaria

Foi aprobado o terceiro Expediente de recoñecemento extraxudicial de créditos por parte da Xunta de Goberno Local.

Concretamente apróbase unha relación de facturas, correspondente a gastos realizados no exercicio 2017, que non puideron seguir a tramitación ordinaria para a súa aprobación en dito exercicio.

A relación de facturas ascende a 339.495,34 euros.

Deja una respuesta