Luns 24 de Xuño de 2019

O Concello aumentou en máis dun 6,1% as actuacións do programa de inserción social dirixido ás persoas máis vulnerables, con 4.082 en 2017


A Xunta de Goberno aproba un convenio coa asociación de comerciantes para avanzar no proxecto da Praza de Abastos

 

O Concello de Ourense aumentou en máis dun 6,1% en 2017 o número de actuacións do programa de inserción social, que ten finalidade impulsar as inclusión social das persoas máis vulnerables. Foron en total 4.082 actuacións, 236 máis ca en 2016. Asi o reflexa a memoria deste programa, da que deu conta esta mañá a Xunta de Goberno Local. Na mesma sesión aprobouse un convenio coa asociación de comerciantes para avanzar no proxecto da Praza de Abastos, e a convocatoria dun concurso de microrrelatos online para escolares, dedicado ao tema “Unha viaxe por Galicia”.

A Xunta de Goberno tratou esta mañá un total de 13 asuntos, achegados polas diferentes áreas municipais:

AVOGACÍA CONSISTORIAL (4)

– O Concello foi emprazado para comparecer en calidade de demandado ante o Xulgado Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense nun procedemento interposto por unha entidade mercantil fronte as liquidacións do Imposto sobre o incremento de valor dos terreos de natureza urbana.

SENTENZAS (3):
– Do Contencioso Administrativo número 2 de Ourense que estima o recurso dunha academia de baile contra un decreto que declaraba a caducidade da súa licenza de apertura.

– Do Xulgado do Social número 4, que desestima a demanda interposta por un funcionario interino do Concello por falta de xurisdición (o asunto deberá tratarse no Contencioso Administrativo).

-Do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que desestima un recurso de apelación interposto polo Concello contra a sentenza de setembro de 2017 que obrigaba a elaborar unha axenda de actividades anuais para que a Policía Local puidese coñecer o seu calendario de reforzos.

Servizo de licenzas urbanísticas (4)

A xunta de goberno concedeu licenzas para a rehabilitación estrutural dunha edificación na rúa Ponte Pelamio; para a rehabilitación integral dunha vivenda unifamiliar en Vilar de Astrés; para a rehabilitación e remate dunha vivenda unifamiliar, tamén na mesma zona; e para a instalación dun ascensor nun edificio da rúa Vicente Risco.

Xestión Urbanística e Patrimonio (1)

– Inadmitir a reclamación de responsabilidade patrimonial presentada por unha particular como consecuencia de lesións sufridas ao caer na rúa Progreso, por non ser o Concello a administración competente para resolvela.

Servizos Xerais (1)

– Inadmitir un recurso de reposición presentado por Onet Seralia pola prestación do servizo de limpeza das instalacións municipais no mes de outubro. A empresa reclama unha factura, pero o Concello non admite pola redución de horas segundo se documenta no prego de condicións técnicas.

Educación (1)

– Aprobación das bases do VI Concurso de Microrrelatos online. A convocatoria faise en dúas modalidades: a infantil, para escolares de 5º e 6º de Educación Primaria; e a xuvenil, para escolares de Secundaria. O tema deste ano é “Unha viaxe por Galicia”, e os relatos non deberan exceder das 180 palabras. A lectura e a entrega de premios (dous bolígrafos intelixentes) farase durante a semana das Letras Galegas.

Comercio (1)

Rematando a orde do día, a Xunta de Goberno aprobou un convenio entre Concello de Ourense e Comerciantes Asociados do Mercado de Abastos número 1 de Ourense para avanzar na posta en marcha da praza de Abastos provisional da Alameda.

O acordo consiste en modificar o contrato asinado para a xestión indirecta da Praza de Abastos provisional, concretamente nas cláusulas segunda e cuarta, relativas ao canon e ao prezo da concesión, así coma nos artigos 5 (duración do contrato) e 12 (canon) do prego de cláusulas administrativas particulares.

Desta forma, establécese que no período do traslado ao emprazamento provisional se suspenda a obriga de aboar o pagamento do canon e o cómputo do prazo da concesión.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, explicou que esta modificación “é froito dunha negociación coa propia asociación, e está baseada nos preceptivos informes xurídicos avalados pola Intervención municipal”, polo que “só restaría a acta de recepción da obra -algo que se producirá a vindeira semana logo das últimas modificacións no sistema eléctrico”.

“Unha excelente noticia para este Concello, unha excelente noticia para a asociación de comerciantes, e unha excelente noticia para a cidade de Ourense _asegurou o alcalde_, que por fin ve como un espazo emblemático e singular recupera a normalidade. Agardamos, pois, que esta nova infraestrutura sexa unha realidade no menor tempo posible”, manifestou Jesús Vázquez.
Fóra da orde do día, a Concellería de Asuntos Sociais presentou a memoria técnica do programa de inclusión social durante o ano 2017.
A memoria pon de manifesto o incremento en máis dun 6,1% do número de actuacións realizadas polo Concello ao longo do ano para fomentar a inclusión social das persoas máis vulnerables. Foron en total 4.082 actuacións, 236 máis ca en 2016:
Actuacións 2017 Actuacións 2016:
Imedra……………..………..558 Imedra……………………….447
Infancia…….……..………….706 Infancia…….…………………716
Inmigrantes…….………….2.401 Inmigrantes………….……..2.301
Emigrantes retornados ……..213 Emigrantes retornados………188
Etnia xitana……………….…204 Etnia xitana………………….194
Total: ………….4.082 Total:……………3.846
Resumen: 236 actuacións máis en 2017 ca en 2016.
En 2017, o Concello tamén implementou novos servizos dirixidos as familias, como:
-Caixa Proinfancia, orientado a familias en risco de exclusión,
-Orientación profesional e vocacional a mozos e mozas inmigrantes
-Apoio escolar a nenos e nenas etnia xitana,
-traballo de inserción sociolaboral con unidades familiares
Tamén se asinaron por primeira vez convenios con entidades especializadas en inserción laboral como a CEO ou Cimo, con programas conxuntos.
NOTA:- Enviamos a memoria completa deste programa municipal

PROGRAMA MUNICIPAL DE INCLUSIÓN SOCIAL:
RESUMO DE ACTUACIÓNS ANO 2017
Este Programa Municipal ten, como obxectivo xeral, impulsar a inclusión social mediante a activación de capacidades para o emprego, das persoas máis vulnerables, proporcionándolles un nivel de renda digno e mellorando as súas opcións de accesibilidade a un emprego adecuado.
Pero tamén, e non menos importantes,
• O de proporcionarlles ás persoas con maiores dificultades, unha atención personalizada de maior intensidade, incluíndo as prestacións económicas e todas as ferramentas de formación, orientación, etc. incrementando a súa empregabilidade mediante, entre outros recursos, a implementación de Convenios de Inclusión Activa co tecido empresarial ourensá.
• O de promover a permanencia e a mellora da empregabilidade a través da acreditación de competencias profesionais, apoio á contratación, etc., e
• e o de previr a pobreza no emprego, incrementando a súa calidade e sostenibilidade.
Imedra: incorporación sociolaboral
No eido da inclusión social, formouse a colectivos usuarios do albergue do transeúnte ou en situación especialmente vulnerable, en obradoiros de estimulación da memoria e alfabetización emocional, dirixidas a traballar as habilidades sociais e competencias prelaborales de cara a integración e maior empregabilidade.
E iniciouse tamén por primeira vez un programa de empoderamento femenino, “Sabes”, para mulleres en risco de exclusión. Un programa transversal que deu cabida a usuarias do CIMM, programa Smaff de Sanidade e do programa de educación familiar de servizos sociais.
No plan de formación para a incorporación sociolaboral impartíronse contidos de 4 certificacións de profesionalidade, en atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucions sociais, competencias clave nivel II, actividades de venda e limpeza de superficies e mobiliario en edificio e locais.
Grazas os convenios por primeira vez coa CEO co programa Conborumbo e con CIMO e Viaqua e as colaboracións con Cruz Vermella, Cáritas, Fundación para a Construcción e Amigos de Galicia, tamén tiveron formación en carnet de conducir, alfabetización informática e orientación laboral.
Froito de estas actuacións, foron 558 as actuacións de traballo de inclusión sociolaboral dende o Imedra, frente as 447 do ano 2016.
Respeito á infancia, o 2017 foi o inicio por vez primeira do programa Caixa Proinfancia, o cal tivo un plan de traballo para 45 familias e 84 nenos e nenas, con educación familiar, atención psicoterapéutica, reforzo educativo e actividades de ocio e tempo libre. Tamén proporcionouse material escolar, alimentación e hixiene e médico a 14 deles.
Programa de Atención a inmigrantes e emigrantes retornados:
Actuación coa Poboación inmigrante
No ano 2017, a unidade de inmigrantes e emigrantes retornados, inicia un novo enfoque de cara a mellorar a atención ó colectivo, dando paso por primeira vez ó traballo inclusivo coas unidades familiares, para así mellorar as opción laborais da unidade de convivencia e non intervindo só como ata entón, as persoas individuais únicamente. Deste xeito traballouse con 141 unidades familiares no 2017, sendo este un servizo novo que deu atención a preto de 500 persoas frente ás 216 do ano 2016.
Como actuacións coa poboación inmigrante, incrementáronse as intervencións no apoio e xestión do arraigo social, as visitas domiciliarias de inspección, iniciáronse contactos con empresas para a inserción (21 contactadas), impartiuse formación en lingua castelá e galega para preparación exámenes CELGA, habilidades sociais e integración para a sociedade de acollida, aparte das dirixidas ó emprego e autoemprego.
Tamén no 2017, iniciouse por primeira vez un servizo de apoio educativo e orientación vocacional xuvenil: para aqueles xóvenes que superan a idade de escolarización obrigatoria, sendo 26 participantes, que tamén tiveron obradoiros de coaching grupal.
Respeito á infancia, foron 36 os nenos e as nenas que utilizaron o servizo de apoio escolar.
1920 foron as persoas asesoradas xurídicamente, fronte as 1.890 do ano anterior.
En total, houbo no 2017, 2.401 actuacións coa poboación inmigrante fronte a 2.301 no 2016.
Emigrantes retornados:
Durante o ano 2017 atendéronse 36 unidades familiares de emigrantes retornados. Durante o ano 2016 foron 30. O incremento desta poboación no 2017 ven claramente definido polo aumento da poboación venezolana que fuxe da situación de grave risco no seu país.
Os servizos onde se incidiu foron os informes para axudas extraordinarias do Ministerio de Interior e da Secreataría xeral de emigración (39 no 2017, frente a 30 no 2016) e o asesoramento xurídico (30 frente ós 25 no ano anterior), sendo en total 213 as actuacións totais no 2017 frente ás 188 no ano 2016.
Asesoramento xurídico da Poboación inmigrante e emigrante retornada.
Aínda que se comentóu anteriormente, por sector, é destacable pola importancia deste servizo a este colectivo, que foron 35 persoas máis as atendidas no 2017 respeito o ano anterior.
Atención á poboación xitana:
Durante o ano 2017, fixéronse 204 actuacións de intervención sociolaboral dirixidas á poboación de etnias minoritarias, principalmente da etnia xitana, fronte ás 194 do anterior. Estas actuacións estiveron encadradas na formación, contratación de persoal “Risga”, becas, seguimento do absentismo escolar e axudas económicas para mantenemento da vivenda.
A finais do ano, dase comenzó a un novo programa de apoio escolar a nenos e nenas de etnia xitana, que no ano 2018 está cristalizando.

Resumo:
Actuacións 2017 Actuacións 2016:
Imedra……………..………..558 Imedra……………………….447
Infancia…….……..……….706 Infancia…….……………….716
Inmigrantes…….……….2.401 Inmigrantes………….…2.301
Emigrantes retornados 213 Emigrantes retorn…….188
Etnia xitana……………….…204 Etnia xitana………………….194
Total: ………….4.082 Total:……………3.846
236 actuacións máis en 2017 ca en 2016.

– Novos servizos a familias en 2017:
-Caixa proinfancia familias risco de exclusión,
-Orientación profesional e vocacional xóvenes inmigrante
-Apoio escolar nenos e nenas etnia xitana,
-traballo de inserción sociolaboral con unidades familiares.
-Convenios en 2017 por primeira vez con entidades especializadas en inserción laboral coma CEO ou Cimo, con programas conxuntos

Deja un comentario