Domingo 09 de Decembro de 2018

Manuel Baltar visita o Concello de Xunqueira de Espadanedo


O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe o municipio de Xunqueira de Espadanedo, na comarca de Allariz, dentro da rolda de visitas que está a realizar polos concellos da provincia de Ourense. O rexedor local, Carlos Gómez Blanco foi o encargado de recibir ao presidente do goberno provincial na Casa Consistorial do municipio, onde se reuniron para abordar temas de cooperación entre ambas administracións en materia de Cultura e Rede Viaria. Trala xuntanza, visitaron o Museo Taller de Olería de Niñodaguía.

Deja un comentario