Martes 20 de Novembro de 2018

Manuel Baltar visita a empresa UNVI


O presidente da Deputación de Ourense, acompañado polo equipo directivo, percorreu as instalacións e coñeceu as distintas fases do proceso de produción dunhas das empresas carroceiras máis importantes de Europa

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou a empresa UNVI, situada no Polígono industrial de San Cibrao das Viñas. No percorrido polas instalacións, o titular do goberno provincial coñeceu as distintas fases do proceso de produción dunha das empresas carroceiras máis importantes de Europa. Baltar estivo acompañado por José Ramón Pérez Nieto, presidente Grupo Pérez Rumbao; Emilio Pérez Nieto, presidente de UNVI; Eloy Pérez, conselleiro delegado da empresa, e Javier González, director xerente da compañía. Na visita, Manuel Baltar tamén se reuniu cos representantes do Comité de Empresa de UNVI.O Grupo UNVI Carroceros conta en Ourense cunha planta de produción de 22.000 metros cadrados e con outra factoría en Vilanova de Gaia (Portugal) de 18.000 metros cadrados, ademais de oficinas comerciais en Francia e Reino Unido. O seu cadro de persoal está integrado por 350 traballadores, e na planta de Ourense conta cun programa de Formación Profesional Dual no que participan 23 alumnos, sendo o investimento da empresa neste ámbito formativo da FP Dual de 209.000 euros anuais.A facturación de UNVI no ano 2017 ascendeu a 40 millóns de euros, dos que un 82% corresponde a exportación, destacando a súa ampla experiencia e presenza internacional.Manuel Baltar felicitou aos directivos e traballadores de UNVI “polo labor que realizan de innovación, investigación e presenza internacional nun sector tan competitivo e esixente, que require de constante superación”, animounos a seguir nesta liña de éxito empresarial e destacou a importancia de que “grazas ao traballo que realizan a “marca Ourense” está presente nos cinco continentes a través dos seus produtos”.

Deja un comentario