Venres 14 de Agosto de 2020

O emprendemento será o eixo central da programación de actividades do mes de marzo no centro municipal La Molinera


Celebrará o día da muller cunha charla de Carla Reyes sobre “O éxito en clave de muller” e obradoiros sobre entrevistas de traballo e redes sociais

 

O emprendemento será o eixo central da programación de actividades que desenvolverá o centro municipal La Molinera durante o mes de marzo, con 3 citas destacadas; “La Molinera en clave de muller”, a Semana Europea das Startups e a terceira edición do Espazo Coworking.

Comezarán o luns, 5 coa charla coloquio “Falamos do éxito en clave de muller: espazo de participación”, que impartirá Carla Reyes, consultora en comunicación e presidenta da Asociación de Executivas de Galicia, a partir das 19.30 h. Este acto representa o inicio de la programa “La Molinera en Clave de muller” que terá continuidade con outros dous obradoiros: “Entrevistas de traballo con perspectiva de xénero; técnicas para superar a entrevista”, o luns, 19, de 16 a 20h, e “Muller e redes sociais; Facebook ao teu servizo”, o día 26, de 16 a 20h.

Segunda cita destacada será o martes, 6 e o mércores, 7, a programación de actividades de celebración da Semana Europea das Startup “Startup Europe Week 2018”. Durante dous días, persoas emprendedoras poderán participar en actividades de creación colaborativa, e asistir a unha charla coloquio sobre creatividade e formación a cargo de Avelino Correa, creador da aplicación Creappcuentos, e outra sobre o espazo Coworking de La Molinera, que impartirá Lalo García, coordinador do programa Go2Work Ourense.

O Centro municipal acollerá tamén o día 15 de marzo, a través da Fundación Telefónica, coa presentación do libro “Millenials la generación emprendedora” por parte dos eu autor José María Álvarez Manzanillo, a partir das 19.00 h.

O 22 de Marzo ás 12.00 h botará a andar a terceira edición do programa “Coworking Ourense La Molinera”, coa finalidade de contribuír a que se convertan en realidade vinte novos proxectos ourensáns, e dar continuidade aos xa realizados nas dúas edicións anteriores. As persoas interesadas poderán asistir o día 6 de marzo a unha nunha xornada informativa no auditorio de La Molinera.

A cuarta semana de marzo desenvolverase unha actividade moi especial, o Encontro “Soncello,” os dias 23 e 24, que incluirá masterclass e obradoiros entorno á música e á creatividade. Os violonchelos encherán La Molinera e interactuarán coa tecnoloxía, tendo como colofón un concerto final o sábado 24 por parte da orquesta SONCELLO.

O emprendemento será tamén tema principal do programa “La Akademia”, que os días 6, 13 e 20 incluirá charlas sobre “Creación e desenvolvemento dunha App que teña éxito”, “Como emprender desde a creatividade á innovación” e “Como funciona un líder”.

Cursos na Aula CeMIT e obradoiros para escolares

Será un mes cargado de experiencias e iniciativas de emprendemento, que reforzará as outras liñas actividade que xa ven desenvolvendo desde comezos de ano La Molinera:

– Aula CeMIT, onde continúan a desenvolverse os obradoiros de fabricación de impresoras 3D e de máquinas CNC, e comezan neste mes de marzo senllos cursos de Internet e de Deseño vectorial e corte láser.

– Espazo Kids, onde escolares de 8 a 16 anos aprenden a programar con Scratch I, Internet das cousas e robótica, plataforma Arduino, modelado e impresión en tres dimensións, drons ou realidade virtual.

Deja una respuesta