Sábado 20 de Outubro de 2018

O Goberno Municipal agradece que os grupos políticos se interesen polas obras do albergue de peregrinos, un proxecto impulsado neste mandato municipal e que estará totalmente rematado, segundo as previsións da Xunta de Galicia, entre xuño e xullo deste ano


 

O proxecto xa contempla unha partida para dotación de mobiliario por importe de 21.484,84

 

O Goberno Municipal agradece que os grupos políticos se interesen polas obras do albergue de peregrinos, un proxecto impulsado neste mandato municipal e que estará totalmente rematado, segundo as previsións da Xunta de Galicia, entre xuño e xullo deste ano.

Sitúase na esquina que forman as rúas Rúa das Burgas e Rúa Barreira, do centro histórico da cidade de Ourense. O proxecto que está a desenvolver a Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Turismo, contará con todas as dependencias necesarias para o seu correcto uso, tales como, salas de estar, cociña, salas de dormitorios cunha capacidade para 50 prazas ou liteiras, cuartos de duchas e aseos e zonas de lavandería, almacén de mochilas, etc, ademais dos espazos servidores destes, tales como, cuartos de instalacións, control, despacho, etc.

O alcalde, Jesús Vázquez Abad, sinala que na obra realizáronse varios modificados, algo habitual en traballos de rehabilitación en zonas históricas, como reforzos estruturais, impermeabilizacións, modificacións en saneamento, etc. “É de agradecer o interese doutros grupos por un proxecto que ideamos, concebimos e executamos desde este Goberno Municipal para darlle un impulso ao Casco Histórico e aunalo co Camiño de Santiago”
A superficie total edificada é de 647,71 metros cadrados:
• Unha planta semisótano destinada a cuarto de lavandería, almacén de mochilas e cuartos de instalacións.
• Unha planta baixa destinada salón estar, cociña, aseos e control de entrada.
• Dúas plantas altas destinadas a dormitorios (planta 1ª e 3ª). Unha planta destinada a grupo de aseos e duchas (planta 2ª)
• Unha planta baixo cuberta destinada a dormitorios e despacho

As obras adxudicáronse por un importe de 615.754,48 € iniciándose o 29 de agosto de 2016 e cun prazo de execución de 17 meses. Como é habitual nas obras de rehabilitación, os traballos de execución de obra depararon circunstancias sobrevindas que deron lugar a diferentes paralizacións e á firma dun modificado do proxecto con data 19 de xuño de 2017 por importe de 61.299,21 €. Agora mesmo, estase á espera dun segundo proxecto complementario por importe de 59.022 euros que se está tramitando, segundo informou a Xunta de Galicia ao Concello de Ourense.

As variacións máis importantes do modificado do proxecto foron as seguintes:

• Reforzos estruturais en edificación dando cotas reais de cimentación a estado real de muros de apoio.
• Realización de impermeabilizacións ante presenza de augas subterráneas.
• Modificacións en saneamento debido a reforzos estruturais de cimentación.
• Modificación de cotas que garanten a accesibilidade da edificación.
• Axustes de medición.
• Realización de probas de estanquidade.
• Apeo de cuberta ante estado e demolición de parte de fachada así como incorporación de medios auxiliares.

Espérase reanudar as obras nas próximas semanas, colocando tamén en obra pavimentos e pintar o interior das estancias, evitando así danos superficiais en acabados durante a execución da obra no conflitivo patio posterior.

O proxecto cumpre toda a normativa de accesibilidade, de tal forma que se permita ás persoas con mobilidade e comunicación reducidas o acceso e circulación polo edificio nos termos previstos na súa normativa específica. De conformidade co Decreto 35/2000, do 28 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 8/1997, do 20 de agosto, de accesibilidade e supresión de barreiras na Comunidade Autónoma de Galicia, o edificio obxecto do presente Proxecto está dentro do ámbito de aplicación da Lei, e, en base ás excepcionalidades que o mesmo contempla, cumpre co mesmo.

O proxecto xa contempla unha partida para dotación de mobiliario por importe de 21.484,84 A previsión é que o Albergue estea totalmente acabado no mes de xuño/ xullo de 2018.

Deja un comentario