Venres 14 de Agosto de 2020

Visita de Manuel Baltar ao municipio de Padrenda


O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou o Concello de Padrenda, na comarca de Terra de Celanova, continuando coa rolda de visitas que está a realizar polos municipios da provincia de Ourense. O presidente do goberno provincial reuniuse co rexedor local, Manuel Pérez, con quen abordou temas de cooperación entre ámbalas dúas administracións en materia de Medio Ambiente e Infraestruturas, e posteriormente desprazáronse ata a estrada OU – 0213, que une a localidade de Crespos co municipio de Pontedeva, na que se levaron a cabo obras de construción de beirarrúas, proxecto para o cal a Deputación de Ourense destinou un orzamento de 60.000 euros, no marco do Plan provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial correspondente ao ano 2017.

Deja una respuesta