Martes 22 de Setembro de 2020

A Deputación de Ourense, no III Congreso Nacional de Contratación Pública Electrónica


A Deputación de Ourense participa no III Congreso Nacional de Contratación Pública Electrónica, que ten lugar estes días en Madrid, dirixido a responsables públicos de entidades locais, sector autonómico, administración xeral do Estado e sector público estatal. O congreso analiza os cambios que establece a entrada en vigor da nova Lei de Contratos do Sector Público 9/2017 en canto á xestión do cambio na contratación electrónica, e o rol dos empregados públicos na transformación dixital das súas entidades

O vicesecretario xeral da Deputación de Ourense, Juan Marquina, participou na mesa titulada “Experiencias na licitación por medios electrónicos”, na que expuxo o labor que realiza a institución provincial nesta materia, e explicou o proceso de implantación da licitación electrónica na Deputación de Ourense, “iniciado a finais de 2014 e que hoxe está plenamente consolidado”, destacou. Marquina afirmou que a Deputación de Ourense “xa se anticipou ás esixencias que impón a nova Lei de contratos do sector público, que entrará en vigor o vindeiro mes”, e subliñou o papel que deben cumprir as deputacións “para asistir nesta materia aos concellos, especialmente aos de menor poboación”.

Deja una respuesta