Luns 25 de Xuño de 2018

Manuel Baltar visita os concellos de Paderne de Allariz e San Cibrao das Viñas


O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou hoxe os concellos de Paderne de Allariz e San Cibrao das Viñas, acompañado polos seus rexedores locais, dentro da rolda de visitas que o presidente provincial está a realizar polos municipios da provincia de Ourense.

En Paderne de Allariz Manuel Baltar reuniuse co seu alcalde, José Manuel Fernández, na Casa do Concello, para abordar temas de colaboración nas áreas de augas e infraestruturas deportivas. Posteriormente, visitaron o campo de fútbol do municipio, a canteira de Río Seco, e varias localidades do municipio.

No Concello de San Cibrao das Viñas Manuel Baltar foi recibido na Casa Consistorial polo alcalde, Manuel Pedro Fernández, e membros do equipo de goberno, onde mantiveron unha reunión para analizar temas de colaboración entre ambas administracións en materia de infraestruturas, e visitar de seguido dous puntos da rede viaria provincial, na contorna do Piñeiral e na zona entre Vilanova e ás piscinas municipais.

Deja un comentario