Mércores 08 de Abril de 2020

O Concello de Ourense celebra o preacordo entre as partes para evitar a folga de limpeza na cidade


O goberno municipal, que sempre mediou no conflito, agradécelle ás partes a flexibilidade para chegar a un acordo “pensando na cidade”

O Concello de Ourense celebra o preacordo acadado esta mañá entre as partes, nunha reunión mantida no Centro Cívico da Ponte coa mediación do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, responsable do Servizo de Limpeza, José Araújo. O goberno municipal sempre estivo á disposición das partes para evitar a folga no servizo de limpeza e recollida de lixo na cidade convocada a partir do 5 de febreiro, e a súa mediación foi clave para a súa resolución.
Empresa e traballadores asinaron o preacordo para a desconvocatoria da folga logo de varias reunións para evitar que a cidade sufrise as consecuencias non desexadas. José Araújo agradeceu o “intenso traballo” realizado por ambas partes, comité de empresa e xerencia de Ecourense. “O alcalde pediulles flexibilidade para chegar a acordos” durante esta semana, e estas “traballaron cun comportamento exemplar” até a sinatura deste preacordo “pensando na cidade á hora de tomar esa decisión”.

Deja un comentario