Sábado 15 de Agosto de 2020

O Concello abre o luns o prazo de solicitudes para o ‘Campamento de Verán Infantil e Xuvenil’


Do 28 de agosto ao 1 de setembro, o programa inclúe actividades acuáticas coma unha visita ao parque náutico de Castrelo, ao parque acuático de Cerceda ou á praia

 

As concellerías de Xuventude e de Asuntos Sociais organizan conxuntamente o Campamento de Verán Infantil-Xuvenil para 50 nenos/as, unha actividade englobada na campaña de lecer e tempo libre e destinada a menores de entre 9 e 14 anos de idade. O campamento desenvolverase na semana do 28 de agosto ao 1 de setembro, e está deseñado para gozar do tempo libre a través de actividades creativas e da natureza.

Desenvolveranse actividades diarias de carácter lúdico e formativo nas que a comunicación, as habilidades sociais e as relacións entre iguais a través do xogo, o teatro e a interacción coa natureza serán os elementos que favorezan a diversión, a convivencia e a cooperación. Tamén haberá xogos de presentación e cooperativos para coñecerse dunha forma lúdica.

Entre as actividades máis salientables está a de gozar das actividades acuáticas: así, durante a celebración do campamento haberá visitas ás piscinas de Oira, unha excursión dun día ao parque acuático de Cerceda, unha xornada na contorna do embalse de Castrelo de Miño, onde durmirán no albergue e pasarán unha xornada deportiva e lúdica, e a clásica excursión á praia, unha das actividades máis agardadas, especialmente pola rapazada que non adoita saír da cidade en todo o verán

Inscricións:

A Concellería de Xuventude abrirá, o luns 3 de xullo ás 09:00 horas, o prazo para presentar as solicitudes para unha das 20 prazas para nenos/as e adolescentes do Campamento de Verán 2017. O prazo permanecerá aberto até o 13 de xullo.

As Inscricións e a documentación para participar facilitarase na Concellería de Xuventude: Praza de San Martiño nº 2 baixo -dereita. Teléfono 988 388154.

Unha vez cuberta se presentará por Rexistro Xeral do Concello de Ourense en horario de 09:00 horas a 14:00 horas da mañá.

As outras 30 prazas serán xestionadas pola Concellería de Asuntos Sociais.

CRONOGRAMA

Luns 28

agosto

Martes 29 agosto

Mércores 30 agosto

Xoves 31 agosto

Venres 1 setembro

09:30h–10:00h

Chegada participantes

Chegada participantes

Chegada participantes

Chegada participantes

10:00h-

14:00h

Xogos presentación, división de grupos,xogos cooperativos

Excursión A Cerceda AquaPark

Excursións a praia.

Xogos na praia

Castrelo de Miño.

Xogos deportivos e piscina

Actividades nauticas

16:00h-

20:00h

Piscinas de Oira

Excursión Cerceda

Xogos na praia

Xincana acuática e piscina

Actividades nauticas

22:30h-

00:00h

Xogo nocturno

Deja una respuesta