Domingo 21 de Outubro de 2018

A IX Marcha BTT de Monterrei ofrece tres posibles de rutas de diferentes distancias


A Deputación de Ourense colabora con este evento deportivo que se celebrará o día 25 de xuño

A novena edición da Marcha BTT do Concello de Monterrei ofrece aos participantes tres posibles rutas: unha longa de 58 quilómetros, unha curta de 36 quilómetros, e un paseo cun percorrido de 18 quilómetros. A presentación deste evento deportivo tivo lugar hoxe no Pazo Provincial, acto no que participou o deputado provincial de Deportes, Juan Anta; o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; o responsable de Deportes do Concello de Monterrei, Marcos Meno; e de Protección Civil Verín, Manuel Alfonso.

O deputado provincial de Deportes dixo que se trata dun “evento consolidado no calendario deportivo da nosa provincia” e sinalou que a Deputación de Ourense colabora “con este tipo de iniciativas que mesturan deporte e patrimonio nunha mesma proba e que discorre polos lugares máis emblemáticos de Monterrei, un territorio cun patrimonio cultural incomparable”.

Pola súa parte, o alcalde de Monterrei, quen agradeceu a colaboración da Deputación de Ourense “porque sen o seu apoio non poderíamos levar a cabo este tipo de evento”, explicou que a Marcha BTT “da comezo ás numerosas actividades lúdico-deportivas que organizamos no Concello de Monterrei, a cal mestura a nosa riqueza patrimonial única co deporte, promocionando a vida saudable, a práctica do deporte, e redunda na promoción do noso municipio”.

En canto aos prezos das inscricións nas diferentes probas oscilan dos 15 euros para as rutas longa e curta e de 12 euros para o paseo e acompañantes, nos cales van incluídos o xantar e o seguro, mentres que para os opcións de inscrición sen xantar sería de 5 euros para as rutas longa e curta e o paseo, gratuíto. “Ata o momento contamos con preto de 100 inscritos na proba, pero os interesados en participar poderán anotarse o mesmo día da Marcha, polo que esperamos chegar aos 150 participantes”, sinalou Marcos Meno.

Tanto a saída como a chegada das probas serán no campo da festa que se atopa ao carón da Casa do Concello. Ás 8.00 horas realizarase a entrega de dorsais, mentres que a saída da proba será ás 9.30 horas. Haberá trofeos tanto da ruta curta como da longa en diferentes categorías, así como trofeos para o Club máis numeroso, para o participantes máis mozo e para o máis veterano.

Manuel Alfonso explicou que o día da proba “estaremos a traballar 22 efectivos voluntarios de Protección Civil Verín, Monterrei, Cualedro e Laza, na seguridade do evento, distribuídos en diferentes puntos do percorrido”.

Deja un comentario