Luns 19 de Agosto de 2019

O Inorde participa nun proxecto europeo de protección do patrimonio cultural na montaña


A iniciativa, denominada CRinMa, presentarase o vindeiro martes, 20 de xuño, no Balneario de Laias

O balneario de Laias acollerá o vindeiro martes, 20 de xuño, a xornada de presentación do proxecto CRinMA, unha iniciativa na que participa o Inorde xunto a entidades doutros países europeos, e que ten como obxectivo a protección do patrimonio cultural nas zonas de montaña. No acto de presentación participará o presidente do Inorde, Rosendo Fernández, e o presidente da Cámara Municipal de Montalegre, Orlando Alves, unha xornada que contará tamén coa participación do vicepresidente da Cámara Municipal de Montalegre, David Teixeira, e do xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez, quen presentarán o proxecto. Seguidamente, intervirá a conselleira técnica coordinadora da Área de Subdirección Xeral de Cooperación Territorial Europea e Desenvolvemento Urbano, María José Búrdalo, que falará do programa de cooperación transfronteirizo – POCTEP, e de seguido, a xefa do Servizo de Xestión e Seguimento do POCTEP da Xunta de Galicia, María Carmen Juliani Aguado, quen ofrecerá un relatorio sobre a cooperación transfronteiriza na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

O proxecto CRinMA, que conta cun orzamento de 1.199.250 euros, co-financiados polo Programa INTERREG EUROPA, ten como finalidade mellorar as políticas rexionais relacionadas coa protección e promoción do patrimonio cultural nas zonas de montaña, o cal implica a mellora dos Programas Transfronteirizos e dos Programas Operativos Rexionais, e tamén un pensamento máis complexo sobre o papel do patrimonio cultural nas áreas de montaña, que se traducirá en melloras políticas e programas no futuro.

Ademais do Inorde son socios deste proxecto a rexión Podkarpackie (Polonia), a Axencia de Desenvolvemento Rexional de Presov (Eslovakia), o municipio de Montalegre (Portugal), a Asociación Europea de Representantes das Rexións de Montaña (Francia), e a Unión de Municipios de Montaña Piedmont-uncem Piedmont (Italia) e a rexión de Malopolska (Polonia).

Deja un comentario