Xoves 12 de Decembro de 2019

O presidente da Deputación recibe ao novo alcalde de Cartelle, Jaime Sousa


O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao novo alcalde de Cartelle, Jaime Sousa, quen tomou posesión do seu cargo o pasado sábado, sendo esta a primeira visita institucional que realiza o rexedor de Cartelle. Na reunión Baltar e Sousa analizaron temas de actualidade do municipio de Cartelle, sinaladamente referidos a cuestións medioambientais e culturais, e fixeron un repaso dos asuntos de cooperación institucional que veñen mantendo ámbolos dous gobernos locais e provinciais.

Deja un comentario