Venres 14 de Agosto de 2020

Mañá ábrese a votación para elixir o cartel das festas de Ourense 2017


As persoas que o desexen poderán votar ata o domingo 4 de xuño. O enlace para participar é www.ourensecultura.com/concursos
Tal e como indicaban as bases do concurso, o xurado seleccionou 5 carteis dun total de 16 traballos presentados.
O pasado 20 de maio remataba o concurso de carteis para as Festas de Ourense e, tras recibir un total de 16 propostas, o xurado seleccionou 5 dos traballos presentados. Agora, estes carteis elexidos poderanse votar entre mañá mércores e o domingo día 4 de xuño. O que teña máis votos resultará gañador, pasando a ser a imaxe das festas, e recibindo unha dotación de 1.000 euros para o autor ou autora do cartel.
Ourense, 30 de maio de 2017.- A falta de menos dun mes para que den comezo as Festas de Ourense, a cidadanía ten a oportunidade de decidir cal vai ser o cartel que encabece a programación de actividades previstas.

O xurado valorou o conxunto de propostas presentadas tendo en conta a adecuación á temática, a orixinalidade e a calidade artística. De entre os traballos recibidos, os cinco seleccionados que se exporán ao público e de onde sairá o cartel gañador son os seguintes:

nº 3, “Ourense no corazón”
nº 4, “Dori”
nº 8, “Auga, pedra fogos e frores”
nº 13, “Ourense vístese de festa”
nº 15, “Alegría”

Deja una respuesta