Domingo 22 de Setembro de 2019

O Programa de Maiores do Concello de Ourense celebra a fin do curso cun programa repleto de actividades


Cachibol, tai chi, teatro, recital de corais, exposicións das actividades realizadas ao longo do curso ou a tradicional cea de despedida, entre as iniciativas da Concellería de Asuntos Sociais

 

A Concellería de Asuntos Sociais do Concello de Ourense vai celebrar a Semana dos maiores 2017 para todas aquelas persoas maiores de 60 anos e empadroadas no Concello de Ourense que queiran participar. Durante os días 29, 30 e 31 de maio, e 1 e 2 de xuño celebraranse actividades gratuítas e a tradicional comida de confraternización. As prazas son limitadas, polo que os asistentes deberán inscribirse nas oficinas de Asuntos Sociais, na Oficina de Atención ao cidadán ou no Centro cívico Colón.

As actividades, que comezarán este luns e desenvolveranse até o vindeiro 2 de xuño, van desde o Cachibol, tai-chi, teatro, recital de corais, ou exposicións das actividades realizadas ao longo do curso até a tradicional cea de despedida. O programa de actividades adxúntase con esta nota.

Comida, o 1 de xuño

A xa tradicional Comida dos maiores será o vindeiro xoves 1 de xuño en Aixiña, onde se celebrará o baile a partir das 16:30 horas. Para asistir á comida en AIXIÑA é necesario facer reserva previa. Prezo do menú: 13 € a aboar no restaurante o mesmo día da comida. É importante levar o importe xusto para axilizar a entrada no restaurante. Só se farán reservas ata o día 31 de maio.

Para máis información están os teléfonos de Atención cidadá (988 392 909), centro cívico Colón (988 393 107) e Asuntos Sociais (988 388 171).

Deja un comentario