Venres 19 de Outubro de 2018

Jorge Pumar recolle o premio concedido á Deputación de Ourense ao Mellor proxecto de contratación pública electrónica de España


 

O vicepresidente segundo da Deputación de Ourense, Jorge Pumar, recolleu en Madrid o galardón que a empresa Vortal outorgou á Deputación de Ourense polo “Mellor proxecto de contratación pública electrónica nunha Deputación en España”, no marco do Congreso Nacional de Contratación Pública Electrónica CNCE´17 e do eBusinessWorld 2017, que comeza hoxe na Universidade Complutense. No acto, a empresa Vortal entregou os premios aos proxectos máis destacados, levados a cabo nas administración públicas en materia de contratación electrónica. O CNCE´17 reúne a empresas e entidades públicas españolas e de outros países para analizar e debater sobre os novos retos e oportunidades na xestión pública electrónica nos ámbitos das pemes, o mercado das compras públicas, os cambios legais derivados das Directivas Europeas e que establecen o uso obrigatorio de canles electrónicas para a posta en práctica da contratación pública na UE.

Deja un comentario