Luns 13 de Xullo de 2020

Ourense, única capital galega que queda sen fondos para o desenvolvemento urbano sustentable


Ourense en Común valora como “pésima noticia” que o Partido Popular “non aprenda dos seus erros”

O BOE do 22 de maio de 2017, confirmaba hoxe que Ourense volve quedar fóra dos fondos europeos para Estratexias de Desenvolvemento Urbano Sustentable Integrado (Edusi). Por segunda vez, logo de ser rexeitado na resolución do pasado mes de outubro, o proxecto “Conecta Ourense” novamente non chega á puntuación mínima, polo que Ourense será a única das sete capitais galegas que queda sen estes fondos.
Ourense en Común avaliaba hoxe como “pésima noticia” a resolución, responsabilizando ao Partido Popular deste fracaso, “dín ser bos xestores, pero son incapaces de presentar e defender unha boa estratexia, porque non a teñen”.
En contrapartida, o grupo destaca os exemplos nos gobernos de a Marea Atlántica na Coruña e Ferrol en Común, que si “souberon emendar os erros da pasada convocatoria” e recibirán respectivamente quince e dez millóns de euros para os proxectos que presentaron. En outubro xa accedían a estas axudas Santiago, Pontevedra, Lugo e Vigo.
A parálise deste proxecto afecta ademáis de a Ourense, aos concellos limítrofes da capital, como son Barbadás, Pereiro de Aguiar, Amoeiro, Coles, Toén, Punxín e San Cibrao das Viñas. “Perder esta axuda vai incrementar o decrecemento económico e social desta provincia e alonxa a cohesión tan necesaria da área metropolitana”, apuntaban desde Ourense en Común.

Deja una respuesta