Mércores 08 de Abril de 2020

O Concello anima a mocidade a participar en Ociourense Xove, que inicia o segundo bloque de actividades de lecer saudables


 En www.ociourense.es poden inscribirse en running, cócteles sen alcol, buceo, baile, DJ, foto, camiñar na noite ou Ourengym nos parques

O Concello de Ourense convida a mozos e mozas a apuntarse no programa de actividades saudables de lecer Ociourense Xove, que inicia o seu segundo bloque na edición de 2017. Están dirixidas a participantes de entre 14 e 30 anos e desenvólvense durante as fins de semana.

A través da páxina web poden inscribirse e acceder ás prazas dispoñibles en en Inicio ao running, Cócteles sen alcol, mergullo, baile urbano, DJ+Visuais, foto en ruta, camiñar na noite e Ourengym nos parques.

Tamén se poden anotar como reservas noutras catro propostas, cuxas prazas xa se cubriron: nutri-receitas, defensa persoal, escalada e piragüismo.

Dentro de Ociourense inclúese tamén o concurso Caza foto, a Andaina sen fume que percorrerá a cidade o día 4 de xuño, con motivo da celebración (31 de maio) do Día Mundial Sen Tabaco, e “Noite de cine na rúa”, 4 proxeccións de películas que se realizarán os sábados ás 22:00h na Praza Maior (escalinata de Santa María Nai) e no bulevar termal das Burgas. Son pases gratuítos con entrada libre ata completar o aforo, comezando hoxe mesmo:

Sábado, 20 de maio, 22:00h, Praza Maior (escalinata de Santa María Nai): A lección, Kristina Grozeva e Petar Valchanov (Hungría, 2014)

Sábado, 27 de maio, 22:00h (Bulevar termal das Burgas), La nostra vita, Daniele Luchetti (Italia, 2010)

Sábado, 3 de xuño, 22:00h, Praza Maior (escalinata de Santa María Nai): Anomalisa, Charlie Kaufman, Duke Johnson (EE.UU, 2015)

Sábado, 10 de xuño, 22:00h (Bulevar Termal das Burgas): A cidade dos nenos perdidos, de Jean-Pierre Jeunet, Marc Caro (Francia, 1995)

Deja un comentario