Sábado 01 de Outubro de 2022

O Concello de Ourense divulga o Móvete por Ourense para implicar os cidadáns no proceso de mellora da mobilidade e calidade ambiental


 
Logo da charla no Centro Cívico da Ponte, o vindeiro xoves trasladarase ao de Mariñamansa co cobxectivo de que a cidadanía teña a maior información posible sobre este plan municipal

O Concello de Ourense inicia un Proceso de Participación plural, aberto a toda a cidadanía, co obxectivo de corresponsabilizar aos cidadáns na mellora da calidade ambiental, da mobilidade, da pacificación do tráfico e a integración da bici no centro urbano de Ourense. Será un proceso continuo de: información-formación, análise e participación por medio de consultas e debates sobre os contidos, aberto nas diferentes fases de elaboración dos traballos; e cunhas conclusións e opinións finais sobre os devanditos contidos.

A primeira fase iniciarase cun ciclo de tres conferencias de información, abertas a todo o público, e impartidas polo equipo redactor Urba+ consultora de urbanismo e arquitectura, co mesmo contido e unha duración de 90 minutos cada unha. O seu obxectivo é que a cidadanía de Ourense teña a maior información posible sobre o proceso a realizar. Así mesmo, explicaráselles as posibilidades de participación cidadá dentro do proceso.

Logo da charla no Centro Cívico da Ponte, o vindeiro xoves 18 de maio trasladarase ao centro cívico de Mariñamansa (ás 20:00 horas) e, para o vindeiro xoves 24, ao de Colón.

A idea do Concello de Ourense é a de convocar o maior número de xente para coñecer e implicarse neste proceso.

Deja una respuesta