Sábado 01 de Outubro de 2022

O Concello repara a zona de tiro á Chave da Alameda de Ourense cun investimento de preto 12.000 euros


O alcalde, Jesús Vázquez e o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo, visitaron esta mañá o resultado das obras

O alcalde, Jesús Vázquez, e o concelleiro de Infraestruturas, José Araújo, visitaron esta mañá o resultado das obras que o Concello de Ourense acometeu para reparar a zona de tiro á Chave da Alameda de Ourense. Esta actuación supuxo un investimento de 11.750 euros.

O alcalde, Jesús Vázquez, sinalou que «trátase dun lugar singular moi frecuentado por persoas aficionadas ao xogo da Chave, enclavado dun dos espazos máis significativos e queridos da cidade como é a Alameda. Por iso a súa posta e a súa mellora por parte do Concello é un investimento que redundará na posta en valor deste espazo lúdico»

As reparacións consistiron nos seguintes traballos:

Subministración e colocación de dados de pedra nas bases de columnas de madeira para evitar o contacto directo da madeira co chan, apontoando a estrutura, cortando as columnas e apoiándoas nos dados de pedra 25x25x15cm.

Lavado, lixado e posterior pintado con pintura metal cor similar ao existente dás verxas e elementos metálicos do peche perimetral do recinto.

Lavado, reparación e selado de gretas e posterior pintado da murete perimetral do peche do recinto.

Lavado, reparación e selado de gretas e posterior pintado de chan do interior do recinto.

Limpeza da cuberta da tella con máquina de auga a presión, reparación de caballetes en mal estado e substitución de tellas rotas.

Retirar, limpar e volver colocar o mesmo canalón con fixacións novas.

Deja una respuesta