Sábado 21 de Maio de 2022

Iván Ferreiro tocará en vivo nas Festas de Ourense


O concerto, gratuito, será na Praza Maior o sábado 24 de xuño a partir das 22:30 horas, nada máis remate a lectura do pregón que dará inicio ás Festas de Ourense 2017, e que se prolongarán ata o 2 de xullo

Será na Praza Maior, o sábado 24 de xuño a partir das 22:30 horas, nada máis remate a lectura do pregón que dará inicio ás Festas de Ourense 2017, e que se prolongarán ata o 2 de xullo.

Nese momento, o artista vigués Iván Ferreiro sairá ao escenario para quecer o ambiente da cidade empezando a debullar as cancións do seu novo álbum, Casa (Warner Music, 2016).

Trátase da segunda confirmación de cartel das Festas de Ourense, logo da xa adiantada das Sweet California, que actuarán o 30 de xuño no Xardín do Posío. As entradas están xa á venta en ticketea.com (5€ venta anticipada e 7€ en taquilla o día do concerto).

O concerto de Iván Ferreiro será gratuito e forma parte da Xira de «Casa» o seu séptimo álbum en solitario, logo dos 13 anos que foi líder, cantante e compositor principal do grupo «Los Piratas», banda de rock fundada en Vigo en 1991 e que foi considerado un dos grupos máis influintes na escena pop e rock en España.

O programa das Festas, que se irá anunciando paulatinamente, pretende acadar opcións para todos os gustos, idades e estilos musicais: «Queremos que a cidade se identifique coas Festas de Ourense, que os ourensáns participen delas e que sirvan tamén como foco de atención cara a turistas que se acheguen a nosa cidade a disfrutar das actividades que nelas se desenvolverán», sinala o alcalde, Jesús Vázquez.

Deja una respuesta