Venres 19 de Outubro de 2018

Corta de árbores ao carón das vías públicas. Lei de prevención de incendios


XURXO RODRÍGUEZ MÉNDEZ, ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DE CASTRELO DE MIÑO (OURENSE).

FAGO SABER que en base ao cumprimento da Ordenanza Reguladora da Xestión de Biomasa e distancia de plantacións, deberase proceder á corta das árbores indicadas no anexo I da ordenanza (piñeiros, eucaliptos, mimosas…) situados a 2 metros das marxes das pistas municipais (dominio público viario). Trátase de medidas de prevención e defensa contra incendios forestais contempladas na Lei 3/2007 de 9 de abril da Xunta de Galicia.

As persoas responsables deberán cortar ditas árbores antes do 30 de xuño de 2017.

No caso de non facerse os traballos, o concello verase na obriga de iniciar un expediente administrativo advertindo aos afectados.

Por parte do Concello estase a proceder a sinalar as árbores que se vexan afectadas nese marxe de 2 metros das pistas, para que os seus propietarios procedan á corta.

O que se fai público para xeral coñecemento e cumprimento.

Deja un comentario