Domingo 23 de Setembro de 2018

Sorteo do CastreloSabe na feira deste mes


O último domingo de mes Castrelo de Miño celebra a súa tradicional feira. Na deste mes, o próximo domingo 30, sortearanse os premios do concurso de tapas CastreloSabe entre todos aqueles participantes. As 12 da mañá coñecerase cales son os gañadores dos tres lotes de viño do Ribeiro, tres lotes de viños dos colleiteiros de Castrelo de Miño, un pase de circuíto termal no Balneario de Cortegada e unha noite romántica para dúas persoas. Ademais, coñecerase cal foi o pincho máis votado.

Tamén, os que asistan seguirán podendo gozar de lecer, gastronomía e mercado, onde se poderán atopar produtos naturais, maquinaria, utensilios, artesanía ou plantas, entre outros. Todo iso o domingo na localización tradicional da feira, detrás do Parque Náutico de Castrelo.

Deja un comentario