Venres 19 de Xullo de 2019

A festa de Os Maios xa ten imaxe para 2017


O deseño realizado polo creativo Miguel Chaler, e foi elixido entre 13 propostas por integrar elementos representativos da cidade sen caer nos tópicos, segundo recolle o xurado

Os Maios de Ourense, festa de interese turístico de Galicia, xa ten cartel anunciador para a edición de 2017. que terá lugar o domingo 7 de maio. O deseño gañador correspóndelle a Miguel Ángel García Chaler, que presentou o cartel baixo a lenda «Maios, la fiesta de todos», elixido “por ter un deseño explícito, que integra elementos representativos da cidade sen caer nos tradicionais tópicos», segundo a deliberación do xurado. O certame está dotado cun premio de 800 €, e será a imaxe que represente esta festa en toda Galicia, segundo rezan as bases da Concellería de Cultura.

Os encargados de deliberar a elección do cartel entre as 13 propostas presentadas foron os artistas Ana Díaz Alonso -Ana Skette- e Pablo Otero Rodríguez ‘Peixe’, Eva Torres, directora de Áreas expositivas do Concello de Ourense, e senllos técnicos municipais, de Cultura e de Comunicación.

Deja un comentario