Venres 07 de Agosto de 2020

Concello e asociacións asistenciais continúan esta semana a celebración do Día da Saúde con charlas, coloquios e a proxección dun documental


A programación de 2017 rematará os días 30 e 31 de maio coa XIV Feira da Saúde, na Avenida de Pontevedra

Concello de Ourense e asociacións asistencias da cidade continuarán durante a próxima semana coa programación de actos conmemorativos do Día Mundial da Saúde 2017 baixo o lema “Falemos da depresión”, con charlas, coloquios, proxeccións e outras actividades que se desenvolverán desde o mércores ata o venres en diferentes escenarios. O colofón dos actos será a XIV Feira da Saúde, que se desenvolverá os días 30 e 31 de maio na Avenida de Pontevedra.

O Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá o mércores, 26 de abril, ás 18h a charla A sombra da depresión na infancia, a cargo de Lorena Gómez, psiquiatra infanto-xuvenil. A actividade está organizada pola Fundación Ingada.
Ás 19h, no mesmo escenario terá lugar a proxección de documental e coloquio: Investigación médica: Houston temos un problema, organizada pola Asociación-Plataforma Afectados pola hepatite C.
Ese mesmo día, ás 20h, na Asociación de veciños O Couto (rúa do Ensino, 22), terá lugar a charla Depresión e alcolismo, do Grupo 24horas de alcólicos anónimos.
Cruz Vermella organiza nas súas instalacións na rúa Díaz de la Banda, 40, o día 27 de abril, ás 12:00 horas a actividade Xerontoximnasia.
O Centro Cultural Marcos Valcárcel acollerá o xoves, 27 de abril, ás 19h a charla Falemos da depresión, do psiquiatra Ernesto Ferrer, organizada por Asociación Auria e Asociación Alcer.
O venres, 28, ás 11h Cruz Vermella organiza Ideas para unha vida saudable, e o Centro Cívico Colón será escenario ás 18.30h, da charla Depresión e alzhéimer, organizada pola ASOCIACIÓN ALZHEIMER

Exercicios nos parques biosaudables e feira da saúde
A programación continuará no mes de maio con 3 novas citas:
Exercicios dirixidos no Parque biosaudable Barbaña, o mércores, 3 de maio, ás 19h, e no Parque biosaudable Beiramiño, ás 19h. Estas actividades forman parte do programa municipal de envellecemento activo e de actividades dos Centros Cívicos.

A celebración do programación de actividades do Día da Saúde 2017 rematará na Avenida de Pontevedra, os días 30 e 31 de maio coa XIV Feira municipal de Saúde, na que participarán:

Asociación ourensana de axuda ao toxicómano ATOX.
Asoc. Ourensana de esclerose múltiple, ela, párkinson e outras enfermidades neurodexenerativas.
Asociación Autismo Ourense.
Asociación diabética AURIA.
Asociación Alcer ourense.
Asociación de enfermos de alzhéimer (AFAOR).
Asociación española contra o cancro (AECC)
Grupo 24 horas de Alcohólicos Anónimos.
Asociación MOREA.
Asociación Renacer.
Asociación fibromialxia AFOU.
Asoc. Galega de nenos/as prematuros (AGAPREM),
Cruz Vermella,
Asociación enfermos de Crohn e colite ulcerosa,
Asoc. Arrolos de teta.
Asoc. Trascos.
Asoc. de persoas con discapacidade de Ourense ADO.
Asoc. para a saúde emocional na infancia e adolescencia ASEIA
Asociación FEAFES Galicia,
Comité cidadán Antisida,
Asociación enfermidades neuromusculares ASEM Galicia.
Asociación celíaca de Galicia,
Asociación persoas xordas de Ourense,
Colexio oficial licenciados INEF.
Progape.
Asociación de propietarios de mascotas de Ourense,
Colexio oficial de fisioterapeutas,
Asociación patrulla callejera,
Asociación ADAHPO ourense,
Fundación instituto galego de déficit de atención e trastornos asociados (INGADA)
Centro deportivo BeOne,
Centro Comercial Aberto.

Deja una respuesta