Venres 19 de Outubro de 2018

Deputación e CHMS investirán máis de 80.000 euros na senda peonil das Conchas


Conectará a área turístico-deportiva de O Corgo coa rede de camiños xa existente

A Deputación de Ourense e o Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), investirán 80.000 euros na construción de máis dun quilómetro de senda peonil na marxe esquerda do embalse de As Conchas en Muíños.

Estas actuacións serán sufragadas ao 50% entre ambas administracións tal e como consta no Convenio de colaboración asinado polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar; polo presidente da CHMS, Francisco Marín; e polo alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, quen, pola súa parte, se compromete a acadar os terreos necesarios para a execución das obras.

O obxectivo da actuación é o acondicionamento da senda peonil existente para dotala dunha xeometría homoxénea ao logo de todo o seu percorrido, así como dun pavimento uniforme que permita un uso confortable e seguro da mesma.

Actualmente Muíños dispón dunha rede de sendeiros peonís que discorren por ambas marxes do embalse de As Conchas se ben, son moi estreitas, presentan perdas de firme producidas pola escorrentía superficial e non se atopan conectadas adecuadamente co complexo deportivo-turístico de “O Corgo”.

A actuación proxectada consiste na execución dun sendeiro que será construído en xabre con cemento, que asegura estabilidade e duración, de 1057 metros, con dous tramos diferenciados, de 747 e 310 m. de lonxitude, e con anchuras de entre 1,50 e 2,00 m., en función do espazo dispoñible en cada punto. Cara a metade do primeiro tramo, estreito e con importante desnivel, proxectouse a execución da senda en madeira, que servirá para unificar o nivel e que dispoñerá de unha varanda de protección. O prazo de execución das obras estímase en 3 meses.

Deja un comentario