Sábado 20 de Outubro de 2018

180 participantes no campionato galego de Kung Fu moderno, este sábado no Pavillón dos Remedios


A mañá, desde as 10:00 horas, dedicarase ás exhibicións. En horario vespertino haberá ata 36 combates nas distintas modalidades

 

O Pavillón dos Remedios acolleu, esta mañá, a presentación do Campionato Galego de Kung Fu moderno en categoría individual. Serán máis de 180 os participantes nesta competición que se desenvolverá este sábado 15 de abril na pista central do complexo deportivo de Ourense.

De esquerda a dereita: Mario González, xerente do CMD, Mario Guede, concelleiro de Deportes, Aarón Blanco, mestre do club Artai, e Roberto Abad, técnico do CMD.

As competicións comezarán pola mañá, desde as 10:00 horas, coas modalidades de formas en todas as súas especialidades (Changquan, Nanquan, Taichí, Qigong, armas curtas, armas longas) competindo en todas as categorías de idade (pre infantil, infantil, cadete, juvenil, absoluto e veteranos), e antes da entrega dos premios haberá senllas exhibicións grupais de kung fu infantil e taichí.

Xa en horario vespertino, disputaranse un total de 36 combates nas catro especialidades (Shuaijiao, Qingda, Kungfu Combat e Sanda), nos que se darán cita diversos campións nacionais.

Deja un comentario