Venres 21 de Setembro de 2018

Este domingo I Regata Preparatoria Copa Primavera 2017 en Castrelo


O encoro de Castrelo de Miño acollerá este domingo día 9 ás 10:30 a I Regata Preparatoria Copa Primavera 2017, organizada pola Federación Galega de Remo e o Club Náutico de Castrelo, co fin de preparar aos remeiros para a Copa Primavera 2017.

Participarán catro categorías en diferentes modalidades e distancias. Alevíns, en 500 metros, e infantís, cadetes e veteranos cada un en 1000 metros.

Antes do comezo dos adestramentos, os delegados dos clubs reuniranse ás 9:30 para a preparación da mesma.

Deja un comentario