Domingo 23 de Setembro de 2018

Mañá da comezo a segunda edición do concurso de tapas CastreloSabe


Mañá venres dará comezo a segunda edición do concurso de tapas CastreloSabe baixo o título “Tapeando con autóctonas”, no que dous establecementos hostaleiros de Castrelo de Miño, a cafetería do Parque Náutico e o Bar Cuco, competirán por ter a mellor tapa.

En horario de unha da tarde a 9 da noite, quen desexe probar algunhas das apetitosas tapas que se poñerán á venda por 2 euros poderá facelo o venres no Parque Náutico, para degustar solombo de Tenreira Cachena envolto en crema de champiñóns e bacón en hoxaldre, e o sábado no Bar Cuco, que ofrecerá arepa rechea de lombo de Tenreira Cachena asada con pementos, bacón e salsa.

Os clientes participarán nun sorteo cun boleto que facilitará cada establecemento no que escollerán o seu petisco favorito. O día 30, último domingo de mes, durante a tradicional feira de Castrelo, sortearanse varios agasallos a catro gañadores: tres lotes de botellas de viño Ribeiro, xunto cun libro e agasallos publicitarios; varios lotes de viño das adegas de Castrelo; unha noite romántica para dúas persoas; ou ben un circuíto termal no Balneario de Cortegada.

Con esta iniciativa proseguimos coa idea de revitalizar a economía de Castrelo, ademais de fomentar o consumo de razas autóctonas, neste caso Tenreira Cachena. CastreloSabe busca a diferenciación e a calidade da carne que se consumirá.

Deja un comentario