Venres 21 de Setembro de 2018

Ourense en Común critica a visita do embaixador de Israel


Medio centenar de persoas mobilizáronse ás portas do Concello en repulsa á visita de Daniel Kutner

Ourense en Común participaba esta tarde na concentración promovida pola plataforma BDS Galiza -Boicot, Desinversión e Sancións- en repulsa á visita do embaixador de Israel ao Concello de Ourense.
Arredor de media centena de persoas mobilizábanse na Praza Maior ás 17h desta tarde, coincidindo coa recepción de Jesús Vázquez a Daniel Kutner, embaixador de Israel en España e Andorra.
“Descoñecemos o obxectivo e o motivo para que o alcalde teña a desvergoña de abrir as portas do noso Concello ao representante dun estado racista, que mantén a ocupación, a colonización, o apartheid e que vulnera a legalidade internacional en relación aos dereitos do pobo palestino”, declaraba Martiño X. Vázquez.

Deja un comentario