Martes 20 de Novembro de 2018

A Xunta de Goberno aproba unha axuda de 60.000 euros para á delegación ourensá de Cruz Vermella


A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada esta mañá no Pazo Provincial aprobou unha axuda de 60.000 euros para á delegación ourensá de Cruz Vermella destinada á adquisición dun vehículo. Así o informou a deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 17 de marzo.

Asemade, en materia de cooperación cos concellos, a Xunta de Goberno aprobou a modificación do Plan Provincial de cooperación ás obras e servizos municipais e da rede viaria provincial do exercicio 2017 no relativo ao Concello de Sandiás, polo que incorpórase ao Plan principal -en substitución da obra denominada “instalación de fosa séptica en Santa Ana e urbanización contorno velorio en Couso de Limia-, o proxecto de instalación dunha fosa séptica no núcleo de Santa Ana, mellora e pavimentado do camiño na poboación de Coalloso, e mellora dunha pista na localidade de Arcos. Estas obras teñen un orzamento total de execución de 55.000 euros.

Deja un comentario