Domingo 23 de Setembro de 2018

A concienciación sobre a seguridade vial é para o goberno municipal un tema transversal e no que están implicadas diversas concellerías


 

Seguridade Cidadá, Educación, Voluntariado, Mobilidade e a propia Alcaldía traballan conxuntamente para realizar accións de concienciación na rúa en colaboración coa Policía Local

 

A concienciación sobre a seguridade vial é para o goberno municipal un tema transversal e no que están implicadas diversas concellerías.

De feito, esta mesma mañá tivo lugar unha reunión na que estiveron presentes os responsables de Seguridade Cidadá, Educación, Voluntariado e Mobilidade, co fin de deseñar accións conxuntas de concienciación en colaboración coa Policía Local, que xa iniciou campaña de sensibilización na rúa onte mesmo e que se desenvolverá, inicialmente ata o día 24. Esta campaña centrarase nos pasos de peóns (peóns, conductores, vehículos mal estacionados que impiden a visibilidade, etc) e zonas próximas.

Así, en colaboración coa Policía Local, este fin de semana e hoxe mesmo inicianse contactos coas 55 asociacións veciñais da cidade e distribuiranse carteis como primeira acción de concienciación, que se complementará con charlas en asociacións, centros cívicos, anpas e colexios; accións de rúa e actividades para visibilizar e concienciar sobre esta problemática que serán comunicadas nos vindeiros días.

Deja un comentario