Sábado 26 de Setembro de 2020

A Ribeira Sacra, protagonista da primeira longametraxe de Rubén Riós como director


O filme rodarase en 2019 neste espazo natural e noutras localización de España e Portugal

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial aos alcaldes da Teixeira, Nogueira de Ramuín e Parada do Sil, e a Rubén Riós, con quen analizou o proxecto da que será a primeira longametraxe como director do actor e produtor ourensán e que terá ao territorio da Ribeira Sacra como protagonista do filme.

O presidente do goberno provincial afirmou que a Deputación de Ourense e os concellos de Parada do Sil, A Teixeira e Nogueira de Ramuín colaborarán con este proxecto, un filme que se configura como unha homenaxe aos avós, “titulares dun patrimonio emocional que as actuais xeracións debemos reivindicar”.

Os tres municipios da Ribeira Sacra acollerán a rodaxe da película, que tamén se desenvolverá noutras zonas de España é mesmo en Portugal, contribuíndo a darlle un perfil internacional a produción. O filme, que contará coa participación de actores e actrices de primeiro nivel, rodarase en 2019. “Será unha magnífica oportunidade para poñer en valor a riqueza paisaxística e monumental da Ribeira Sacra e o tesouro vivencial das lembranzas e actitudes dos nosos maiores”, expresou Manuel Baltar.

Deja una respuesta