Xoves 30 de Xuño de 2022

O Concello de Ourense reabre os parques da cidade logo do paso do temporal


Operarios do servizo de Medio Ambiente supervisaron, ao longo da mañá, as incidencias nos diferentes puntos da cidade. O caso máis grave, a caída dun piñeiro sobre o Instituto de Seguridade e Hixiene (As Lagoas), que provocou danos no muro e no aramado do recinto

 

Logo do paso do temporal que azoutou esta fin de semana toda Galicia, o servizo de Medio Ambiente do Concello de Ourense supervisou ao longo da mañá as incidencias producidas nos diferentes parques da cidade co obxectivo de retirar as numerosas pólas do chan e reabrir, paulatinamente, todos estes espazos. O caso máis grave ocorreu no barrio das Lagoas, onde a caída dun piñeiro derrubou parte do muro e o aramado do Instituto de Seguridade e Hixiene. Porén, o peche preventivo dos parques motivou que o desprendemento de pólas non ocasionase contratempo algún entre os cidadáns.

O Servizo de Bombeiros de Ourense, unha vez constatados que xa non hai alertas nos partes da Axencia Estatal de Meteoroloxía e nos boletíns da Axencia Galega de Emerxencias. Desta forma, deu orde de reabrir os parques de San Lázaro, Barbaña, de Quintela, da Zapatilla, a Alameda e a Praza da Marina.

Así mesmo, as caídas no subministro de electricidade pola caída de pólas no tendido eléctrico fóronse corrixindo ao longo da mañá.

Deja una respuesta