Xoves 30 de Xuño de 2022

Reunión de Manuel Baltar co presidente de editorial Galaxia, Antón Vidal Andión


O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, mantivo no Pazo Provincial unha reunión de traballo co director de editorial Galaxia, Antón Vidal Andión. Baltar coñeceu de primeira man os proxectos de Galaxia nesta nova andaina con Vidal Andión como máximo responsable da editorial, concordando coa súa filosofía e recoñecendo o papel de Galaxia «como a gran casa editorial do galeguismo, cun labor que está por riba do rol estritamente editorial, logo de décadas de existencia, cun posicionamento claro de mantemento da nosa identidade e da súa proxección exterior». O presidente do goberno provincial expresoulle a Vidal Andión o interese por potenciar a Fundación Otero Pedraio, así como a figuras clave na traxectoria de Ourense como Xosé Ramón Fernández Oxea ou Ben-Cho-Sey.Na encontro, Manuel Baltar propúxolle a Antón Vidal Andión levar a cabo iniciativas conxuntas é proxectos coordinados, afirmando que a Deputación de Ourense «asume a nosa cultura como unha bandeira de xestión», e engadiu que esta é a prioridade do seu goberno. «Ourense é unha provincia eminentemente cultural, e Galaxia non sería Galaxia sen Ourense», remarcou Manuel Baltar.

Deja una respuesta