Sábado 29 de Febreiro de 2020

O alcalde de Ourense preside a Comisión de Modernización, Participación Cidadá e Calidade da FEMP, na que se presentou a ordenanza tipo reguladora do Procedemento Administrativo Común Electrónico na Administración Local


Este novo texto, aprobado pola Xunta de Goberno da FEMP o pasado 14 de decembro, recolle unha serie de principios que regularán a adecuada implantación no ámbito local do procedemento administrativo electrónico, tratando de simplificalo

 

Esta mañá tivo lugar en Madrid, na sede da Federación Española de Municipios de Provincia unha reunión da Comisión de Modernización, Participación Cidadá e Calidade deste organismo, presidida polo alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

Nesta reunión de traballo avanzáronse diversos temas, entre os que destacou a presentación da ordenanza tipo reguladora do Procedemento Administrativo Común Electrónico da Administración Local. Este novo texto foi aprobado o pasado 14 de decembro pola Xunta de Goberno da FEMP, e recolle unha serie de principios que regularán a adecuada implantación no ámbito local do procedemento administrativo electrónico, tratando de simplificalo para que la relación da Administración coa cidadanía sexa máis áxil e fluida.

No transcurso da reunión de traballo tamén se presentaron os libros de estudio e traballo para a transformación dixital das entidades locais, así como a actualización do reglamento tipo de participación cidadá, fixando como obxectivo a finalización da súa redacción antes do verán.

Reunión no IDAE sobre xeotermia

Con anterioridade á reunión na FEMP, o alcalde de Ourense mantivo unha reunión con Arturo Fernández, director xeral do Instituto para la Diversificación y el Ahorro de la Energía (IDAE); así como con Alfonso Olivas de la Llana, director de Energías Renovables desta entidade pública empresarial adscrita ao Ministerio de Industria, Energía y Turismo, a través da Secretaría de Estado de Energía.
O obxecto do encontro foi avanzar no desenvolvemento da xeotermia en Ourense, proxecto no que ambolos dous responsables do IDAE amosaron interese en seguir avanzando a través da colaboracións institucional, mediante un convenio, co fin de facer de Ourense unha cidade máis sostible.

Deja un comentario