Venres 21 de Setembro de 2018

O Inorde no 18 Salón Internacional de Turismo Gastronómico-Xantar


O Pazo Provincial da Deputación de Ourense acolleu a presentación das actividades gastronómicas que, un ano máis, organiza o Inorde, coa colaboración da Xunta a través da Axencia de Turismo, para este 18 Salón Internacional de Turismo Gastronómico-Xantar que se desenvolverá do 1 ao 5 de febreiro en Expourense. No acto participou o vicepresidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández; o xerente do Inorde, José Manuel Rodríguez; o director xeral de Expourense, Alejandro Rubín; a xerente de Marrón Glacé Cuevas, Mayte González; a vicepresidenta da Adega Viña Costeira, Concepción Iglesias; o presidente da IXP Castaña de Galicia, Jesús Quintá; e o xerente do Grupo Caldaria, Francisco Javier Soto.O Restaurante Inorde, co que se pretende promocionar os produtos de Ourense, presenta unha oferta de cociña tradicional baseada en “Produtos km. 0”, isto é, produtos cultivados en Ourense, transformados en Ourense e comercializados desde Ourense. Nesta nova edición, continúan colaborando as empresas ourensáns líderes na súa actividade e no sector agroalimentario.

Deja un comentario