Venres 15 de Xaneiro de 2021

Manuel Baltar destaca a vangarda tecnolóxica que supón contar en Ourense co centro de control hidroeléctrico máis moderno de Europa


 

O presidente da Deputación visitou a central de Velle, acompañado polo presidente da CHMS, Francisco Marín, para coñecer os proxectos que Gas Natural Fenosa ten previsto levar a cabo na provincia de Ourense

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, destacou na súa visita á central hidroeléctrica de Velle «a vangarda tecnolóxica na que se sitúa a provincia de Ourense ao contar co centro de control hidroeléctrico máis moderno de Europa e un dos máis importantes do mundo». Desde este centro de control, dotado coa última tecnoloxía informática, de comunicacións e seguridade, contrólanse un total de 51 embalses e centrais hidroeléctricas de toda España, que se monitorizan en tempo real a través dun sistema dixital e visual que permite actuar ao instante ante calquera incidencia.Estas instalacións de Velle son punteiras en Europa e converten á provincia de Ourense en lugar de referencia en tecnoloxía aplicada á enerxía hidroeléctrica. Manuel Baltar felicitou aos directivos da central de Velle e a Gas Natural Fenosa «por apostar por Ourense para instalar esta moderna infraestrutura, que vai na liña da «Provincia Intelixente» na que estamos a traballar para impulsar a innovación en todos os ámbitos da xestión pública».O presidente da Deputación visitou a central de Velle, acompañado polo presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS), Francisco Marín; polo alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, e polos directivos de Gas Natural Fenosa, Jordi Vich, director da Unidade de Hidráulicas de España; Francisco Javier Enseñat, director de Enxeñería e Construción Hidráulica; Luis Pertierra, subdirector de Explotación de Activos Hidráulicos de España, e de Julio Antonio Soto, responsable de Gestión Hidráulica. Da man dos directivos, Baltar coñeceu os proxectos que esta empresa enerxética ten previsto levar a cabo na provincia de Ourense.Entre eles destaca a construción da Central Hidroeléctrica Reversible Salas-As Conchas, unha obra que suporá un investimento de 350 millóns de euros e permitirá xerar unha potencia de 375 megawatios. A obra prevé a construción dunha rede de túneles de máis de 10 quilómetros de lonxitude que uniran os dous embalses, cun impacto visual e medioambiental practicamente nulo, xa que a infraestrutura irá completamente soterrada. Este proxecto abrangue aos concellos de Muíños, Bande, Lobeira, Lobios e Entrimo, e segundo os técnicos estímase un período de execución da obra de seis anos e a creación de 300 postos de traballo.

Deja una respuesta