Xoves 30 de Xuño de 2022

Manuel Baltar recibe ao novo subdelegado de Defensa de Ourense, Gustavo Doncel


O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu no Pazo Provincial ao novo subdelegado de Defensa de Ourense, Gustavo Doncel Paredes, quen realizou hoxe a súa primeira visita oficial á institución provincial. Na reunión, Baltar e Doncel trataron temas relativos ao labor do exército na provincia de Ourense, en particular no que atinxe ao traballo de colaboración que ten realizado de apoio, vixilancia e prevención de incendios forestais, en colaboración coa Xunta de Galicia e coa Deputación de Ourense, e tamén falaron de aspectos relativos aos servizos que presta a Deputación nos concellos da provincia.

Manuel Baltar desexoulle a Gustavo Doncel os maiores éxitos nesta nova etapa profesional que vén de iniciar en Ourense e ofreceulle a máxima colaboración da institución provincial. Gustavo Doncel Paredes (Madrid, 1961) é coronel do Corpo Xeral do Exército de Terra. Tomou posesión do cargo de subdelegado de Defensa en Ourense o pasado mes de decembro, relevando ao capitán de navío Ramón Rey Vich, quen pasou á reserva.

Deja una respuesta