Venres 19 de Outubro de 2018

Manuel Baltar e Felipe Ferreiro analizan os acordos entre Deputación de Ourense e Cruz Vermella


O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, recibiu hoxe no Pazo Provincial ao presidente da Cruz Vermella en Ourense, Felipe Ferreiro, con que analizou os acordos de colaboración que veñen mantendo ámbalas dúas institucións. Ferreiro presentoulle ao presidente do goberno provincial os programas que Cruz Vermella vai desenvolver ao longo de 2017 en materia de primeiros auxilios e xuventude na provincia de Ourense, e agradeceu a sensibilidade e colaboración de Manuel Baltar e a institución provincial coas iniciativas que leva a cabo Cruz Vermella, sempre en favor das persoas máis necesitadas e en risco de exclusión social, de maneira singular, infancia e as persoas maiores.

Deja un comentario